Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Traducido do artigo http://blog.pompilos.org/archivo/uso-de-materiales-con-derechos-de-autor-en-educacion , de José M. Ciordia (@José M. Ciordia 2011) Non se trasladan os comentarios. No seu traballo o profesor usa a miúdo materiais suxeitos a dereitos de autor (en inglés, con copyright), pero adoita descoñecer a lexislación respecto diso. Revisarei a continuación os aspectos máis importantes do tema. Para profundar, pódese consultar en internet a Lei de propiedade intelectual (LPI) vixente en España (cada país terá a súa lexislación propia). Dúas falsedades moi extendidas sobre os dereitos de autor 1. Só teñen dereitos de autor aquelas obras rexistradas no Rexistro da Propiedade Intelectual, ou aquelas nas … Continue reading Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Manifesto do dominio público

Que ten que ver ‘educar’ co dominio público? É possible queue ó ver esta entrada neste blog alguén pense an pregunta anterior. A cousa (e a causa) estriba en queue a educación debe ser libre, e sen ter un ‘dominio público’ o que queda é privado, co que non se pode ter unha auténtica educación. Poderiamos falar máis diso, pero a entrada non vai por aí, senón para achegarse a unha base da educación. O manifesto está accesible en castelán, e pódese asinar en https://publicdomainmanifesto.org/manifesto/#es “Le livre, comme livre, appartient à l’auteur, mais comme pensée, il appartient—le mot n’est pas … Continue reading Manifesto do dominio público

Só un apunte sobre un blog comunitario

Recollo unha entrada de https://www.edu.xunta.gal/centros/eoiribadeo/aulavirtual/blog/index.php?entryid=4 para dar referencia, un alento de máis aló, dun blog xa inexistente (máis ben, falto de mantemento), accesible polo momento en https://btwogether8.blogspot.com/, mantido por un equipo que nos chamábamos ‘Magnificient8’, por ser 8 os constituíntes… Continue reading Só un apunte sobre un blog comunitario

Tentando educar, en internet archive e na BNE

Procurando por outra cousa, atopeime coa agradable sorpresa de que Tentando Educar está na memoria de internet que representa o internet archive, así como no arquivo de webs da Biblioteca Nacional de España. Deixo as ligazóns: https://web.archive.org/web/20210913130833/https://tentandoeducar.wordpress.com/ http://www.dl-e.es/openwayback/wayback/*/https://tentandoeducar.wordpress.com Continue reading Tentando educar, en internet archive e na BNE

Tentando educar para un futuro posible

Hai pouco o IPCC liberou o seu sexto informe. As 4000 páxinas de extensión dan para moito, abondo máis que o que se pode tratar nunha entrada de blog, e máis aínda se non vai directamente sobre clima, senón sobre educación. Por iso deixo as imaxes do resume máis resumido que fai oficial o IPCC, e confórmome cunha tradución ó galego e algúns comentarios (en cursiva) sobre esa tradución en relación ó noso propio coñecemento e educación. Cabeceiras resume para xestores de políticas: A. Estado actual do clima A1 É inequívoco que a influencia humana quenceu a atmosfera, o océano … Continue reading Tentando educar para un futuro posible

Premio!

O dos premios en educación coido que é un arma de dobre filo que cabería estudar en profundidade e xestionar de forma adecuada. Tal como están as cousas, non se vai facer: hai demasiados intereses -económicos e de prestixio- en xogo. Polo tanto, seguirá a haber premios e premiados como xa ven sendo tradicional. E seguiremos a aledarnos tamén de xeito tradicional cando algún nos toque dun xeito máis próximo. Neste caso, o IES San Rosendo de Mondoñedo levou este curso 2020/2021 o premio provincial de Voz Natura, premios concedidos polo xornal La Voz de Galicia, polo traballo ‘O Camiño … Continue reading Premio!

Aprendendo sobre o ceo.

Isto é unha nota bibliográfica, pero non só. Lin ‘¿A que altura está o ceo?’ de Jorge Mira (ISBN 13: 9788416460779). Deixei un comentario na rede: “Sorprendeume. Coñezo o tema e non esperaba atopar nada novo, pero o enfoque e desenvolvemento resultou novidoso e xerou en min novos desenvolvementos. As concesións á inexactitude en aras da claridade e simplicidade son pertinentes, e o estilo ilustracións, adecuadas ó meu ver. Aconsellable.” Engado o que nos di a a contraportada: “A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa … Continue reading Aprendendo sobre o ceo.