Reflectindo

Ben, o título é moi xenérico. Sirve para todo. Para un roto e un descosido, poir o fin, reflectir, pensar é algo no que non podemos parar, algo que estamos a facer sempre, e que, cando o sianalamos, o que estamos a facer e tentar facelo consciente, algo así como facer un metapensamento que podamos aproveitar.

Deixándonos de filosofías, imos ó ensino (neste caso, non específicamente á educación) e reparemos nas actividades ‘complementarias e extraescolares’ que constitúen un aditamento necesario do propio ensino, tanto para facelo variado como para procurar un certo vagar entre o ‘traballo de aprendizaxe regrado’ ou como facer que sexa algo máis que ensino e máis parello a educación.

Isas actividades, dicía, poden estar relacionadas co lugar/centro de ensino/persoas que están mantendo o ensino regrado. Como opinión persoal, coido que debera ser unha compoñente esencial destas actividades, aproveitando sinerxias para a educación e a formación. O caso é que estas actividades están sufrindo un aparente retroceso estes tempos. Aparente porque ata onde sei non é comprobable por non ter estatísticas máis que de casos particulares, non porque sexa unha apariencia enganosa. Cada vez se fan menos, a excepción de medidas paliativas que se están a poñer en marcha en zonas máis castigadas pola exclusión social. E a culpa non parece ser so (que tamén, pero nin tampouco como causa principal) a crise económica. Non, a ‘culpa’ sería máis ben debida tanto ós profesores como ós pais. Ós profesores, constreñidos por leis ás que teñen -temos-medo, ou pertencentes a grupos xa formados de cara a ‘eficiencia sistémica’, formación en cadea ou consideracións de ‘espazo persoal’, ‘espazo de traballo’ ou ‘espazo de materia’ que fai falla ‘saltar’ con cousas como liñas ‘transversais’ ou proxectos ‘interdisciplinares’, convertidas en novos espazos de materias, de traballo, … Os pais, ocupados no seu traballo, a súa vida, sensibles a manter ocupados e dirixidos os fillos dende cedo cos propios medios tecnolóxicos, sen tanta preocupación máis aló da formación, algo que chegue á vida e á educación, non á vida ‘para’ ou á ‘educación’ instrrumental.

Ben, o que quería era reflectir sobre o cómo -tamén o por qué, claro- incrementar a participación nas actividades complementarias e extraescolares. Sei que queda moi escasa, case inexistente a reflexión, pero tamén que é unha reflexión que non podo facer só, a fuer de quedarme na teoría, e o que pretendo é maís ben que a reflexión empape e se empape, se mixture, coa propia vida. Nosa (dos profes), dos alumnos, dos pais …

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s