Polo que parece, aínda non lle adico nin un tempo mínimo ó blog, a este blogue (outra cousa é http://ribadeando.blogspot.com.es , alma mater de http://ribadeando.wordpress.com entre outros lugares na web) , e vexo o de ‘ano novo, vida nova’ como algo irreal: o ano é a visualización aproximada dunha volta arredor do Sol, e esa pode ser tomada a partir de calquera punto da órbita, polo tanto o cambio de ano non representa nada especial para cambiar de vida ou de hábitos. Por iso mesmo, é igual de bo que calquera outro momento para facelo… 🙂