Remato de ter unha clase. Non estou moi contento do resutlado. Hai veces que quedo contento. Outras, non. Hoxe, a hora anterior, foi destas últimas. Quedou algo interesante, pero a tecnoloxía, as páxinas web de soporte, non cargaron, e e despistáronse e non din captado a súa atención.
Así que quédame reflectir o observado, reflexionar sobre o que pasou e prepara o que virá. O ensino e a aprendizaxe, e máis aínda a educación, fáise con persoas implicadas, isto é, con moitas variables que escapan á previsión. Preparación si, pero tamén capacidade de adecuación ás circunstancias e ás persoas. E iso vaise collendo, pero nunca se ten collido de xeito total.
Ben, sentado, é ahora de reflectir, de comezar a pensar para que a próxima saia mellor, de visualizar a situación e sinxelamente, mellorar.
Imos aló.