Relato breve dunha actividade de aprendizaxe

20150127 Visita á ETAP de Ribadeo

Martes, 4 da tarde.

Un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 1º ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xunto con dous profesores, colle camiño da antiga vía do ferrocarril mineiro e actual Camiño de Santiago para logo subir ata a Estación de Tratamento de Augas Potables na beira de Santa Cruz. Alí esperaban, por parte de Viaqua, Natalia, Jano e outro persoal, que ensinaron esta etapa na traída de augas dende os encoros do Lexoso en Vilamariz ou do Eo en Vilarbetote ata as nosas vivendas en Ribadeo. Uns tres millóns de litros de auga no inverno e uns cinco no verán pasan cada día por estas instalacións, que teñen incorporado un depósito dobre de 600 m3 e que subministran asemade outro de 2 000 m3 un pouco máis embaixo. Comezouse pola estancia onde están os mandos, pasouse ó estanque de decantación, logo volveuse ó interior do edificio para ver a saída dos estanques de filtrado e por último, no exterior das instalacións, viuse o lugar ocupado por o tanque de almacenamento.

Nesta estación a auga recibe hipoclorito de sodio para o tratamento biolóxico e sulfato de aluminio como floculante para aglomerar as partículas metálicas e facelas precipitar. Un primeiro tanque decantador fai que só pase a auga superficial con menor cantidade de partículas, que se observa limpa á saída. Despois, outras dúas piscinas con base de area rematan de filtrar a auga de xeito alterno (de cando en vez, de xeito alterno reciben aire e fan a circulación da auga en inverso para limpar o filtro, saíndo a auga ós sumidoiros de Ribadeo) antes de pasar ós tanques de almacenamento e volver a agregárselle hipoclorito para estabilizar a súa posible contaminación biolóxica. Ó final, a participación de hipoclorito na auga non debe chegar a 1 ppm (parte por millón).

Máis de catro km entre a ida e volta, algo menos de dúas horas en total (xunto coa visita á instalación) cunha subida curiosa ata a estación, a pé, fixeron que as poucas gotas de chuvia caídas non foran máis ca outra anécdota entre a representación por un par de alumnos de esceas de Mary Poppins cos paraugas, ou as probas dos efectos das ortigas, ou os selfies, ou… Unha tarde aproveitada!

Advertisement

One thought on “Relato breve dunha actividade de aprendizaxe

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s