Ensino, rendemento, rede social

O entendemento da importancia dunha rede social non é novo. O que é novo é a tecnoloxía posta en práctica para desenvolvela ou mantela, e en certo xeito, a forma que adquire.

Que o ensino necesita dunha rede social ás veces non é tan evidente, aínda que para o caso da educación sí o é: sen unha rede social non pode sociabilizarse unha persoa, base dunha educación. Coido que tamén se está a demostrar que a sociabilización do ensino aumenta o ‘rendemento’ da aprendizaxe, pero iso depende en boa parte do estilo empregado na propia aprendizaxe (no noso modelo institucional, dependente do estilo de ensino)

A cousa é que nun mundo interconectado, as vantaxes educativas de ter unha rede na que apoiarse cada vez se parecen máis ás vantaxes sociais xerais dunha rede equivalente. Ata no mínimo detalle. Ista reflexión ven a conto de algo que me pasou esta mañá: ó saír da clase un alumno me pregunta se coñezo alguén que esté desenvolvendo un traballo nun determinado campo. Respóndolle que si, aínda que no momento só podo chegar a esa persoa de xeito indirecto. Quedamos en que xa falaremos sobre un posible contacto. Unha mensaxe na rede a un ‘intermediario’ fai que unha hora despois teña xa a resposta a un correo meu á persoa precisa. Así, tardo máis en voltar a ter contacto co alumno para comunicarlle a situación que en poder facilitarlle efectivamente un contacto que poidera decidir o seu futuro profesional. E, no medio, ata fin de curso, un interese (e rendemento) maior ou menor en determinadas materias.

Somos ‘animais sociais’ con ‘intelixencia colectiva’ e empatía que entre outras cousas, colabora nunha sinerxia que beneficia a todos. Aproveitémolo.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s