A física dános ás veces sorpresas. Moitas veces. E Iso fai que algunha idea poda ser doado fixala na xente que está aprendendo. Fixala para a lembranza, que non integrala, o que é máis difícil, pero por algo se comeza, e a lembranza impresa nas nosas cabezas é necesaria para iso… Debemos aprender a mirar para ver e pensar no que vemos…
Por iso collo un exemplo da física, o que denominei ‘man cuántica’: unhas sinxelas fendas polas que pasa a luz poden facer visible a difracción, e podemos observar nas imaxes que deixan na parede contraria que a difracción é maior no sentido da dimensión menor da fenda… ou podemos usar dito fenómeno para ‘cuantificar’ unha man. O uso das imaxes permite moitas variacións e aproximacións ó coñecemento. O vídeo a continuación dá fe dilo:
Ben, é curioso, se se explica un pouco. Saberías explicar o fenómeno? Como o empregarías ti?
* Unha nota: esta entrada é (unha presentación lixeiramente diferente) xa vella no blogue Física e Química en Ribadeo