Vexo a cita que da título ó post, “The best way to predict the future is to invent it.” de Alan Kay, nun newsletter de classroom 2.0 a conto da convocatoria dun reinventing education in Asheville e quédome con ela gravada.
O mellor xeito de pedicir o futuro é inventalo… Ben, postos a poñer inconvintes coido que poderían poñérxelle uns cantos, pero a idea principal permanecería aí: tes máis oportunidades canto máis apliques a quelo de ‘a Deus rogando e co mazo dando’ con inventiva e miras amplas.
Coido que a idea debe ter, no campo educativo, dúas vertentes: unha, a imbuír nos alumnos. A outra cara sería nos mesmos profesores, no seu día a día, e non só para dar exemplo, senón porque tamén serve para nós. Para procurar novos feitos de ensino, de formación, novas visións sobre a educación, formas de enganchar ós alumnos nos métodos e nos coñecementos, de favorecer a aparición de actitudes… e por suposto, si, tamén, para dar exemplo.
E hai que procurar que o aprehendan: non se trata da novidade pola novidade, senón de integrar a novidade como normalidade. sabendo que a normalidade pode ser esa: mirar o mundo de xeito que podamos contribuír a reinventalo.