E quizais o que pretendo con este blogue, o que me achegou a escribir nel: camiñar cara unha educación desenfadada, humana, lonxe de rixideces… non só solta e amigable, senón sobre todo sen enfado, sen tensión na relación, sen presión. Autoasumida.
Reollo o escrito e asinto. Si, a teoría pode dar para escribir moito máis sobre o tema, pero a idea está aí, nídia, e así coido debo compartila.
Claro que, se me deixo levar pola metodoloxía educativa, habería que facer un proxecto de currículo e desenvolvemento, poñer negro sobre branco os métodos de avaliación… Seguro que algo diso remato a facer, porque a vida en si da lugar a contradicións internas, pero de pronto, aquí, fuxo delas.
Coido que isto ven a conto: http://www.eldiario.es/catalunya/Jaume-Carbonell-escuela-maestros-comunidad_0_355215521.html