Hoxe houbo unha saída. Unha visita a EDAR de Ribadeo. A Estación Depuradora de Augas Residuais.
Foi encadeada: primeiro, o Punto limpo, despois, a ETAP, e agora, a EDAR.
Neste caso, 18 alumnos e alumnas de 1º ESO e dous profesores, todos voluntarios para a actividade, emprendemos camiño ás instalacións dende o IES. 2 100 m, segundo as indicacións. E logo volta. a volta foi diferente, máis relaxada, pero a ida foi baixo a posibilidade plausible de que caeran chuzos de punta con vento forte. houbo sorte, case nos libramos de todo.
Nas instalacións, dous grupos pasamos polos puntos clave, en serie, como a auga que hai que limpar, dende a deputación primeira de partículas superiores a 3 mm ata o paso polos raios ultravioleta dos que dispón a instalación para matar as bacterias á saída. No medio, as augas totalmente túrbidas ou os diversos lodos chamaron a atención da xente e espolearon a curiosidade de moitos.
Curioso, pero o paseo, dun total que non chegou a dúas horas e media, tamén levantou o apetito de máis dun participante, que se dispuxo a zampar o seu bocata nada máis saír das instalacións.
Aprendizaxe? si, e camaradería aínda entre smartphones, tamén. Caras con algo de cansanzo e moito de satisfacción á volta. Mañá, xa veremos.