Algunha reflexión en (e sobre a) avaliación

Cantando notas pásome a vida… profesional.

O sistema de avaliación, coido, ten múltiples furados polos que se cola a efectividade, a significatividade e mesmo o raciocinio.PAU2014xuño_1 peq

Despois de pasar por varios claustros en varias épocas, en ensino público pero tamén en privado, despois de máis de tres décadas, noto que o sistema é parello, máis ou menos tecnificado, con unha ou outra característica particular: comézase a sesión dando referencia de notas, adiantando todas as cualificacións do conxunto ou non, pero facendo un resume de notas, cada cualificación puntuada, ou de xeito sinxelo, dicindo o número de suspensos. Segundo o nivel que se estea a avaliar, fálase máis ou menos do comportamento, ou métese esta compoñente por necesidade.

É un grupo, pero remátase case como se fora o derradeiro da lista un alumno máis, continuando con outro, só que doutro grupo diferente. Poucas -raras- veces se mira en conxunto o grupo: se se fai, malo.

E así, a outro grupo.

Todos sabemos ler e mirar unha relación de notas. Pero, máis aló da ‘preparación’ que supón ter lista a nota correspondente, óbvianse estratexias de conxunto, tanto por parte do grupo de profes como para o grupo de alumnos. E así, a persoa, coas súas características e integrada nun corpo social, vese recortada en ambos apoios á hora de avaliar: nin se consideran as particularidades nin tampouco se miran as sinerxias, apoios ou arrastre do grupo. Algo parello á consideración das materias, coas súas individualidades e tamén integrables nun único conxunto ‘transversal’. E consideradas, a nivel avaliación, sen particularización nin interdisciplinaridade.

Hai pouco naceu en Francia unha controversia sobre o sistema de avaliación. Nestas liñas o enfoque é moito máis centrado e humilde, e o tratamento, reducido e xeralizado: só se trata do momento de suposta posta en común, e a iso ía: posta en común?

… Hai que cambiar o sistema. Pero antes, ou ó tempo, hai que (temos que) facer unha migración de ideas: unha distopía das circunstancias non é solucionable facendo un traslado do entorno para que cadre. Hai que facer tamén o traslado interno, dentro de cada un, da percepción do lugar. Senón, estaremos na Lúa poñendo notas na terra.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s