banqueta

Mareado

Hai uns días, un grupo dos que está a preparar a feira da ciencia púxose a investigar no IES. Antes non se atrevera: a investigación trata de como nos mareamos, e a experiencia, poñer á xente a dar voltas nun asento xiratorio por 30 segundos, tíñana levado de xeito moi reducido na casa…

banqueta
Aparello para experimentar

Agora realízana no IES, cos compañeiros e tamén cos profesores que se deixan (poucos ata o momento). A investigación tomou outro xiro: non só aumentou moito o número de experiencias a tabular, senón tamén a expectación, colaboración ou participación dos compañeiros. É un acontecemento, deses que fan o recreo algo diferente, aínda que só sexa por unha tempada, e son auténticos ‘recreos de ciencia’ (outro día falarei dos ‘recreos de ciencia’ que tiña previsto e que non logrei chegar a desenvolver este ano) nos que se aprende a mirar de xeito inquisitivo, descubrir e desfrutar. Como cando oes a unha alumna neófita nestas ‘horas extra’ arredor do laboratorio-base-taller de ciencia dicir ‘que guai! eu vou subir tódolos días no recreo!’

O caso é que presteime voluntario como primeiro profesor e… mareeime (‘9’, lles dixen, nunha escala de 10, complementada por ‘moito’ nunha escala que remata en moitísimo/potou) E, na clase seguinte, co grupo ó que están asignados os ‘investigadores do mareo’, notáronme o mareo e preocupáronse por min: estiven todo o día co estómago revolto, e nalgún momento, despois da experiencia, pouco faltou para que potara, como din eles.

Contribución á ciencia! Diso non me cabe a menor dúbida.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s