Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia

De viaxe, despois de pasar por unha ateigada (de libros e de xente) biblioteca, e follear un ‘Cuadernos de Pedagogía‘ (xaneiro 2015) no que se ía declaradamente en pos da excelencia educativa…

Calquera parecido...
Calquera parecido…

A constitución de equipos, o traballar todos en pos do mesmo fin, impregnaba os textos. Había moitas máis cousas, claro, como o centrarse no fundamental ou o emprendemento de proxectos e a actividade fronte a aprendizaxe pasiva, ou mellor, non contra, senón como práctica vantaxosa.

Mais, máis aló de cousas como o pensamento sobre a constitución de equipos, as súas técnicas ou dificultades, quedeime con aquelo de ‘que bo vasallo se tivese bo señor’: revistas dese estilo pasan polos centros inadvertidas, evidentemente infralidas, e moito máis, evidentemente infrautilizados os seus consellos e lustracións entre a burocracia, traballo rutinario, falta de tempo e tamén desidia por parte de profes, desinterese de pais e sentemento de mercadoría allea e mesmo devaluada, por parte dos alumnos.

Duro? Si, mesmo pode que de máis por unha imaxe transmitida que sobrepasa de longo o que se observa en moitos, moitos casos (na maioría?) Irreal? Xa quixera poder dicir aquelo de ‘calquera parecido coa realidade é pura coincidencia’…

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s