O caso é como se fala. Pode ser un auténtico monólogo, ou unha charla onde o fundamental é dicir cousas, non que cousas. En ambos casos, chámaselle falar. Pero…
Lembroume o tema das falas o último artigo de Enrique Dans. Trata da introdución dun novo xeito de ensino/aprendizaxe, relacionado co ensino de ciencia, tecnoloxía e sociedade, en particular, temas de programación, noutros países, non aquí. Non estou totalmente de acordo co que di, pero si en liñas xerais. Propón ‘daquela maneira’ o traballo por proxectos, e nesas estou tamén eu, ‘daqueloutra maneira’. Logo collido de http://www.rockwallisd.com/nebbie/files/2015/02/STEM-Logo.jpg
Por certo, cando foi a última vez que falaches sobre política educativa, ou sobre educación, en serio, sen ter a pretensión de que a túa voz se impoñera ás dos outros, senón de construír coas opinións dos demais?