As persoas chegan á comunidade polo seu contido, mais quédanse nela pola utilidade e as relacións

A traverso de http://aula21.net/aulablog21/archives/2015/10/07/las-cibercomunidades-de-aprendizaje-cca-presente-y-futuro/ chego á seguinte diapositiva:

las-cibercomunidades-de-aprendizaje-cca-presente-y-futuro-47-638Por se fixera falta traducilo: “As persoas chegan á comunidade polo seu contido, mais quédanse nela pola utilidade e as relacións”

Imos poñer a frase en contexto: trátrase dunha frase referida a unha comunidade virtual relacionada co ensino. Pero pode interpretarse nun sentido moito máis amplo: calquera persoa quere entrar nunha comunidade por unha ou varias razóns, pero unha vez dentro, esas razóns normalmente desaparecen e ou ben son substituídas en razón da utilidade que se atopa por estar no grupo ou ben sinxelamente polas relacións que se establecen con outras presoas dentro do grupo. E é algo válido dende asociacións de veciños a partidos políticos, pasando pola asistencia a clases de xeito voluntario. E aí ía: tamén, cun pequeno matiz, é válido para aplicar á asistencia ás clases con aproveitamento para os estudantes de medias.

Os estudantes, as persoas, chegan ás clases optativas porque lles chama a atención o tema (ou o profesor/profesora, ou porque pretenden librarse doutra materia que consideran máis dura… pero collamos a opción que expresa unha voluntade de elección en función da mesma materia á que se apuntan, pois ‘non se pode loitar contra os elementos’, ao menos en tódalas ocasións). Se se sinten interesadas, se dalgún xeito senten que ese momento da clase é útil para elas, entón temos capturado a súa atención e o seu rendemento. Evidentemente, tamén o profesor ou profesora ten algo que ver, pois pode establecer unha relación co alumnado que facilite as cousas, epro non é substituto desa ‘captura’ que produce nos alumnos o sentemento de utilidade.

Ben, hai que ver as cousas en perspectiva, e, dese xeito pódese aobservar o anterior escrito cunha certa distancia e relatividade ou adxetivacións, pero unha parte fundamental do rendemento ven explicada pola mesma frase usada para definir como unha persoa queda nunha comunidade por razóns que poden ter pouco que ver -e a maioría das veces, sinxelamente non teñen que ver- coas razóns polas que entrou nesa mesma comunidade.

A educación procúrase por unhas razóns e obtense por outras…

Advertisement

2 thoughts on “As persoas chegan á comunidade polo seu contido, mais quédanse nela pola utilidade e as relacións

  1. La frase está recogida de un post de Remei Camps, tal y como aparece referenciado, y no solo se refiere a comunidades de profesores, sino a comunidades virtuales en general, si bien yo prefiero hablar de “cibercomunidades”.

    La presentación en la que está la diapositiva corresponde a una ponencia presentada esta semana en las III Jornadas de Innovación Educativa: “Las cibercomunidades de aprendizaje (cCA): presente y futuro”.

    Saúdos do País Vasco.

  2. En resposta ó anterior comentario, dicir só que puxen a frase no contexto no que foi visible, non dixen que se tratara só de comunidades dese tipo; de feito, o meu comentario sobre ela era precisamente en termos xerais. Grazas!

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s