Axudando a educar…

Hoxe a reflexión veume de lado… ó ollar o xornal (do mércores 21 de outubro), cun anuncio a media páxina onde a Fundación Fernández-Latorre expresa o seu agradecemento a RENFE pola súa colaboración co programa prensa-escola.

Coido que aínda está recente o caso do accidente do Alvia de Santiago, e como houbo variación de trato entre diferentes medios e evolución temporal, como as ‘novas asépticas’ reclacan que o culpable é o maquinista, como se a infrastrutura promovida por RENFE non tivera nada que ver nin poidera mellorar a cousa, como se non se deixaran as cousas a medio facer sen saber ben o por que (se o teñen). E, como se manifesta ese agradecemento da fundación Fernández-Latorre? Queda só nun anuncio no xornal relacionado coa fundación?

Ben, o anuncio, polo anterior, quizáis aínda non tivera cabida nun blog de educación. Pero o agradecemento é pola ‘colaboración’ cun suplemento de educación do xornal. Colaboración que por certo non había antes do accidente, e resulta que o diario La Voz de Galicia, o beneficiado pola ‘colaboración’ é o de maior difusión en galicia, lugar do accidente e principal afectada en vidas, a máis do impacto doutros xeitos. Nunha lectura rápida, pódese relacionar o escrito no suplemento educacional (coido que nestas circunstancias vaille mellor que educativo) co sufrimento do accidente. Mágoa. Agora, a máis de valorar o peso educativo ou deformador do suplemento ou outras cousas relacionadas coa calidade dos artigos, representaraseme como correa de transmisión dun sistema infectado.Afundación Renfe

O anuncio non viña só. Na páxina seguinte, daba a nova de que Afundación, ‘herdeira’ da Fundación das caixas galegas,  incorpora a educación financieira ó seu programa escolar. Ensinará ós estudantes a xestionar, planificar e ser previsores, di. Casualidade que ó día seguinte saia a nova de que a cúpula da antiga Caixa (… diversos nomes da caixa galega que rematou en Abanca) ten que devolver sumas millonarias e mesmo ten pena de cárcere (por casualidade, ata dous anos, o límite ata onde se poden librar de entrar na cadea)

Ó anterior non se lle pode chamar educación privada. E penso que tampouco se pode dicir que esteñan axudando a educar. Quizáis por algo ambas ‘novas’ están na sección de ‘sociedade’

Menos mal que, tamén ó día seguinte, había unha referencia no ‘El Comercio’ do Principado a unha charla de Emilio Lledó, titulándoa (por se alguén quere ir na súa procura) ‘Lo terrible es que un ignorante con poder determine nuestras vidas’…

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s