A Terra está a quecerse. Arrefríaa

O titulo corresponde ó que leva o último número aparecido de ‘National Geographic‘, edición especial sobre o cambio climático (en castelán). E tamén corresponde a unha aprendizaxe que debera quedar clara, contraposta ó que indica esa construción de palabras:

  • a Terra non se quence ‘por si soa’
  • a chamada a enfriala non pretende interactuar para resolver o problema, senón só actuar para contrarestalo e con iso, minguar os seus efectos

‘Blue Marble’, imaxe collida polo Apollo 17 da NASA (http://visibleearth.nasa.gov/view.php?id=55418)

Hoxe por hoxe, os datos do cambio climático son apabullantes, e mesmo quen di que é algo natural na Terra quecer e arrefriar, admite que existe unha influencia antropoxénica. Logo a Terra non quece ‘por si soa’, senón que como mínimo a axudamos a quecer, que desequilibramos o seu equilibrio térmico: hai culpables, e en maior ou menor medida, somos nós.

Por iso chama máis a atención o pasar de culpas e sobre todo, de causas, para tentar só equilbrar os efectos: enfriala non está mal, pero trátase de restablecer o equilibrio para que non teñamos que arrefriala. Así a Terra non estará con febre e non haberá que baixarlla.

E imos ó aspecto educativo. O xeito de presentación do título é profundamente antieducativo, ou, pode dicirse de xeito alternativo, tendente a unha mala educación para valorizar unha visión do mundo totalmente apartada da natureza e da humanidade. Os intereses que guían esta orientación coido que están claros, por máis que podan estar ocultos mesmo para quen puxo o título da publicación: se estás metido nun modelo de mundo, e non miras moito máis aló, terás unha visión das túas circunstancias e do mundo en xeral que non se adecuará coa realidade. Todo o máis, coa confluencia cunha parte mínima que será o exponente desa mala educación: serás maleducado.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s