Facendo un resume de método

Un pequeno detalle. O método para facer problemas ou exercicios está abondo ben explicitado, con ler/escoitar con atención  e centrarse nos datos do enunciado como primeiros pasos. Pero, e cando se encaran outro tipo de exercicios?

Os pasos de comezo son os mesmos: é necesario ler ou escoitar o enunciado do exercicio para comprender a situación. Din que o enunciado dun problema conleva a solución no seu interior. Non debera ser tan diferente nun exercicio xeral. Mais debemos falar en plural. De igual xeito que un problema pode ter varias vías de solución, tamén os ‘exercicios’ máis xerais poden ter diferentes xeitos posibles para ser afrontados.

Despois, o centrarse nos que se podan considerar como datos para seguir adiante… e o propio coñecemento e relacións previas estableciadas entre os datos da ‘nosa vida anterior’. Serán necesarios para establecer as novas relacións e construír o que podemos ver como resultado do exercicio, a resposta.

Logo virían o relacionar relacionar, a propia construción de relacións de apoio que se convertirán en ideas e frases, base da contestación…

Coido que se poden procurar e atopar ‘métodos’ diversos como axuda sistemática para a resolución de exercicios ou problemas. Mais, no que nos deberamos centrar é en algo máis profundo, na consideración do noso saber aterior, nas relacións ideais que xa temos, na consciencia de todo o camiño recorrido con anterioridade para contestar calquera ‘sinxelo’ exercicio. E é isto, a propia conciencia, o que coido que se está descoidar como ‘método’ en ensino e en educación.

Mirar e ver
‘mirar e ver, cousas diferentes’

Velaeiquí un ‘resume de método’, mirándonos a nós mesmos.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s