O profesor e o mito de Sísifo

Sisyphus_by_von_Stuck

O mito de Sísifo é unha historia que consiste en contar que nun inferno persoal Sísifo foi obrigado a empurrar unha gran pedra costa arriba por unha ladeira empinada, pero antes de que acadara o cúmio a pedra sempre rodaba de novo cara abaixo, e Sísifo tiña que recomezar. Sen extenderme aclarando as causas, cabe engadir que esa actividade foi un castigo divino (dos deuses, vaia).

O ser profesor ten algo que ver co mito de Sísifo. A parte de que nalgún momento poda constituír materia para o ensino, a súa labor ten unha certa semellanza coa actividade mítica. Mesmo no de castigo, sucedendo moitas veces para quen toma o ensino como un traballo / emprego e non como algo que se desenvolve engarzado coa propia vida.

Castigo ou non, un profesor ha voltar comezar cada curso coa mesma ou semellante ensinanza, e aínda que en tempo diferente para el, con alumnos de igual idade que o curso anterior. Certo, son diferentes alumnos, igual que se supón que era diferente o tempo que pasaba Sísifo ca pedra en veces diferentes da súa remontada. Mais, ó igual que a pedra era sempre a mesma diferente, os grupos tamén son, ano tras ano, os mesmos e diferentes.

E as promocións que xa psaron? Vense reflectidas nas actuais, e desaparecidas ata que pouco a pouco, cada ex-alumno vai oucpando un posto na sociedade, con outra visibilidade diferente á que tiña na súa etapa primeira. Non, os profesores non teñen tan lonxe o mito de Sísifo…

(Imaxe: Sísifo, por von Stuck. en dominio público, collido de gl.wikipedia.org)

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s