Unha cita de Krishnamurti

Certo: o coñecemento pode vir da fonte máis inesperada. Caeu nas miñas mans ‘A Arte De Vivir’ de Krishnamurti. E cheguei, aínda comezando, a lgunhas cousas que subraio para min nun batiburrillo co que non sempre estou de acordo.

Aí vai unha cita para hoxe: “Tal vez, a maior dificultade que debe afrontar o educador é a indiferencia dos pais a unha educación máis ampla e profunda. A maioría dos pais interésase só no cultivo dalgún coñecemento superficial que asegure ós seus fillos posicións respectables nunha sociedade corrupta”. Non engadín eu o de corrupta, viña no paquete. Tampouco a visión dende o maxisterio, que se ve remarcada pouco máis adiante: “Como o educador non pode ceder ás fantasías pasaxeiras ou ás obstinadas esixencias dos pais, é necesario que estes comprenda ó educador e cooperen con el, sen xerar conflito e confusión nos seus fillos”

Estaba falando antes da colaboración e comprensión mutua educador-educando-pais (non chama así a cada categoría) e eu entendín ‘en pé de igualdade’ por algún comentario arredor do tema. Mais ó pouco vese o alumno como obxecto (poderíase dicir ‘da educación’, pero máis ben é ‘no proceso’ que leva á educación, o que xa é diferente), o profesor como coordinador que pon as regras cos pais e as aplica ós alumnos e ós pais nunha esfera intermedia como aseguradores-desexadores de accións e futuro respectivamente. Os fillos son definidos en relación ós pais (‘seus fillos’) quedando en principio sen definir (‘alumnos’) en relación cos profesores, pois son un ‘obxecto’ dos pais…

pais-profesores-alumnos

Fóra fai Sol, o día é radiante, e vou seguir lendo tras esta reflexión a flor de pel, tentando desfrutar da lectura nun medio agradable. A reflexión foi curta, superficial, mais afonda as súas raíces nunha historia de moitos anos de relación con alumnos, sobre todo, mais tamén con pais e con outros elementos que inflúen na educación como o resto do equipo de profesores, a televisión ou a sociedade que rodea e configura boa parte da educación. E por aí se pode seguir, profundizar máis na educación dos mais, e da nosa…

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s