Aprender ‘en familia’

Nestes tempos de abreviaturas e siglas, a educación e o ensino non se libran da tendencia. Dentro das últimas siglas que teñen unha exitosa saída ó mercado educativo (si, mercado educativo en troques de educación, cando queren dicir ensino con estrutura empresarial) están PLE e PLN.

PLE serían as siglas que corresponderían a personal learning environment, contorna persoal de aprendizaxe (que correspondería por tanto ó non usado EPA tanto en galego como en castelán)

PLN correspondería a personal learning network, ou rede persoal de aprendizaxe (RPA, tampouco usado).

A rede persoal de aprendizaxe estaría xustificada plenamente e non sería máis que a plasmación nun concepto que aprendemos mellor cando estamos rodeados de outra xente que ten os mesmos intereses de aprendizaxe, e coa que polo tanto, podemos interactuar aprendendo. Sería a plasmación da conveniencia de aprender ‘en familia’.

En canto ás PLE, serían asemade a plasmación de que hai contornas que favorecen a aprendizaxe e polo tanto, das que nos deberiamos arrodear para aprender mellor. Esas contornas inclúen, claro, a nosa historia persoal de aprendizaxe e produción de coñecemento como parte fundamental.

Os PLE poden ser (din) tamén deseñados/construídos a niver institucional, nunha relación entre persoa e administación pública (ou empresa privada, no caso do ensino privado) semellante ó que se establece entre a persoa e o procomún (‘commons’, aínda que máis difícil de conceptualiar non ensino privado). É dicir, desprendernos da nosa capa de aprendizaxe para formar unha capa de ‘aprendizaxe comunitario’. En principio, a idea de facer unha contorna comunitaria común non é mala. O malo é cando entra a ser dirixida ou guiada de xeito institucional (como se ten pretendido no caso galego), perdendo entón a cualidade de común para ganar a de institucional, logo propiedade de algo ou alguén (non de todos en común, que é diferente de institucional)

Os PLE serían ademais un xeito de facer posible a normalización da nosa contorna de aprendizaxe, aproveitando as sinerxias que poideran xurdir. Se ese uso é convinte, acalando a diversidade de interpretacións e contornas ou non, xa é outra cuestión.

De xeito parello a outras xeralizacións de orixe diverso, os PLE tamén tenden a facerse ideas máis xerais. Así, da educación (máis adecuado, como dixen, do ensino) saltan xa á sociedade en xeral, e no futuro podería falarse de PLE para  a xente. Sería algo así como normalizar internamente a aprendizaxe ó longo da vida naturalmente, tería o seu custe e poderían facerse múltiples consideracións. Cabería comezar por unha sinxela: paga a pena?

Por último, as PLE son unha oportunidade de circunvalar a aprendizaxe formal para incluír o informal, e, para min, aí está o seu auténtico potencial. O construír cada un a súa propia ‘formalidade de aprendizaxe’ dun xeito consistente ó considerar a propia historia de aprendizaxe, a modo de mapa orientativo.

PLE

Non sei se quedou claro. Mais a idea do título coido que está clara dende hai milenios…

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s