“De alguna manera, estamos educando jóvenes mercenarios”. Algo que está na mente de máis dun educador e que aparece negro sobre branco na entrevista que lle fixo El Diario a Koldo Saratxaga, titulada “La escuela no tiene ganas de tratar a los niños como diamantes originales que son”. Si, estou totalmente de acordo con el, nesa e noutras afirmacións que aparecen na entrevista.
“(…) en conceptos de comunicación, liderazgo y valores están como la sociedad: mediocres. El liderazgo requiere de generosidad, visión, humildad, cercanía, mirar a los ojos… (…) El sistema no se atreve al cambio porque eso exige hacer asambleas y que todos tomen decisiones, que sean dueños del destino (…). Y eso desviste al poder, desnuda a los jefes. Tienen que convencer y no imponer.”
Ben, Koldo fala dende unha perspectiva de empresa baseada na educación. Pola miña parte, considero ese enfoque como base de moitos erros educativos, correspondente cun determinado modelo de empresa, que Koldo parece non seguir. Como soe dicirse, a Deus grazas!
Hai a sensación de que a educación non se reforma, de que necesita unha reforma, de que a culpa da falta de reforma ven do propio mundo educativo… Remato de poñer as verbas de Koldo Saratxaga, que non se adica á educación, senón máis ben ó mundo da empresa. E fala sobre educación. Esteñamos ou non de acordo, un dos moitos que o fan. Agora ben, alguén adicado á educación sae na prensa falando das reformas necesarias no mundo da empresa? Coido que esa asimetría é clave para matizar a primeira frase deste parágrafo: “Hai a sensación de que a educación non se reforma, de que necesita unha reforma, de que a culpa da falta de reforma ven do propio mundo educativo”
Voltemos sobre o tema coa perspectiva da asimetría comentada: Ter unha sensación non implica unha realidade, e precisamente, reformas educativas, en España, sobran. Algo diso de ‘cambiar todo para que nada cambie’, pero nunha versión non tradicional, de cambiar todo para que nada funcione como funcionaba antes , que se come as últimas verbas polo camiño: “cambiar todo para que nada funcione”.
En canto á necesidade, si, necesítase reforma, pero non ‘unha reforma’. Porque xa dixen: levamos non unha, senón unhas cantas, sen consensuar, dende fóra, sen darlles importancia, e polo tanto, deixando detalles como os cartos para aplicalas ou a voluntade política de calidade para ‘máis adiante’ ou ‘para nunca’.
E si, ó propio mundo educativo tócalle algo de culpa, mais como parte da sociedade, ou como seres humanos que todos somos. Porque o mundo educativo non ten poder para cambiar a educación, que depende do poder polítcio, e non directamente da sociedade ou dos profesionais da educación.
Si, profundicemos, falemos de xóvenes mercenarios que están a ser formados por un sistema que tenta levar á sociedade o máis preto posible das liñas básicas que crre quen ten o poder. Pero sendo conscientes non só do resultado, dos xóvenes mercenarios, senón sobre todo, das causas, sobre as que se debería obrar para cambiar o resultado…
E é que falar de educación é doado, e mesmo se poden dicir grandes cousas, mais comezar a cambiar, ir poñendo persoalmente algunha pedra na construción, require ideas e traballo, algo máis ca unha charla insubstancial. Por certo, si que parece que Koldo ten feito algo por comezar o cambio.