Revista de adoutrinamento dalgúns galegos

Hai tempo que se coñece a contaminación da sanidade pola industria sanitaria: os agasallos e diversos tipos de presión para meter no consumo de produtos sanitarios á rede de sanidade malean unha sanidade de calidade, por non dicir que pervirten o sentido da deontoloxía médica , crean enfermidades, encarecen o consumo ou corrompen o sistema. Parece que algo semellante está a pasar en educación.

Ven esto a conto dun pequeno detalle, unha nova na revista galega de ensino, EDUGA (editada pola Consellería de Educación, e si, de ensino, a pesares do ‘edu’ inicial). Non é nin moito menos a primeira sinal, senón outra sinal máis das que se van acumulando de que non só se trata de levar a educación cara á xestión privada, senón que a educación pública esteña a servicio de intereses privados. A nova é esta: Certame literario ViAQUA.

Pouco que obxectar, verdade? Estímulo para a educación sen custe público! Coido que o enfoque debe ser diferente: propaganda privada a baixo custe nun servizo público. discriminación entre alumnado de centros en ‘concellos Viaqua’ e concellos ‘non Viaqua’ (entre eles, claro, os que seguen xestionando a súa propia auga). Tamén, potenciación de conceptos como ‘cidade intelixente’ (ver as bases) en detrimento doutros. É dicir, uso do sistema educativo público para intereses privados. Non soa a algo coñecido?

… ás veces, EDUGA podería chamarse ‘revista de adoutrinamento dalgúns galegos… Por sorte, parece que unha minoría.

eduga

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s