delegación educativa, delegación formativa

Remato de atoparme co seguinte texto de E. Dans como prólogo a un novo libro, ‘Los nativos digitales no existen’, e non me resisto a facer un par de pquenos comentarios (non fai falta que sexan moi grandes): “Una de las funciones más importantes de toda sociedad humana o incluso muchas animales, el preparar a la progenie para la supervivencia en el entorno, es confiada, en el caso de nuestra especie, a individuos que, en la mayor parte de los casos, tienen un nivel de experiencia bastante escaso, y que se apoyan únicamente en su intuición y en algunas claves transmitidas socialmente. De ahí que el consenso social nos lleve a delegar una parte de la educación en profesionales, en entornos que aseguren la transmisión de unos conocimientos que proporcionen una serie de bases culturales y sociales comunes que faciliten la convivencia y el funcionamiento de la sociedad como tal.

Estou totalmente de acordo coa primeira parte da primeira sentencia. Mais pasar a dicir que o nivel de experiencia dos pais é escaso é unha evidencia tautolóxica para o primeiro fillo. E mesmo para os seguintes, tendo en conta o cambio de circunstancias e da presoa, aínda que se teña algo de xeperiencia con outras persoas (normalmente non abonda como para ver os resultados e polo tanto inferir se se ‘fixo ben’ ou non). De calquera xeito, nada máis.

En canto á segunda parte, coido que non é un consenso social, nin se está a referir tanto á educación como á formación. A precepción de educación/formación non é a primeira vez que a trato, e non direi máis sobre a confusión existente entre ambos termos (ás veces, mesmo a nivel teórico) e ó dano que dita confusión está a facer. Pero, o consenso social estimo que non é tal. Para ter un consenso social teriamos que ter unha acción decisiva particular voluntaria, e se hai acción por parte das familias (particular como célula constitutiva da sociedade, sexa do tipo que sexa a familia) para deixar ós fillos en mans dun sistema escolar para a súa formación (e si, coa confusión educación/formación polo medio) non é unha decisión voluntaria, senón unha sumisión ó sistema que constriñe a voluntadee non deixa alternativa. En España, polo menos, o de dar formación de xeito exclusivo na casa no está contemplado, e aínda que hai xente contrada que o fai ó marxe (e contra) do sistema, non se pode tomar como algo voluntario.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s