Profundizando na ruptura do xeo nunha conversa intranscendente unha tarde de domingo

filosofia
Partindo de Ribadeo na wikipedia en español

Si, a filosofía tamén pode dar voltas para chegar a un claro punto concreto…

Chega a min, vía correo e a traverso dunha entrada curiosa nun blog, unha aplicación para xogar, https://xefer.com/wikipedia.

A cousa é que, collendo a primeira ligazón dun artigo da wikipedia, en calquera lingua, indo a ela e repetindo unha e outra vez o método, chegamos, xeralmente en non moitos pasos, a verba ‘filosofía’ (na lingua correspondente, claro). Hai unha alternativa: que entre nun bucle no que os mesmos artigos se repitan unha e outra vez.

É unha mágoa que a ferramenta de xefer non permita tamén o galego, pero o resultado, á man, é semellante.

O caso é que aparece como unha curiosidade intranscendente, mais coido que non o é. E que ten unha interpretación en clave educativa. Máis aló da consideración que poda ter para nós a filosofía como materia de estudo, o caso é que a filosofía forma un fondo de coñecemento que é básico e que da soporte a calquera outro xeito de información que podamos atopar, e polo tanto , de coñecemento. É por iso que saltando de coñecemento en metacoñecemento chegamos a ‘filosofía’, referíndonos a ela en primeiro lugar como indicaciónpara o que veña despois. É por iso tamén que a importancia da filosofía no ensino é patente e unha mala política non considerala na formación que se pretende no sistema educativo no ensino medio, cando o desenvolvemento da abstracción das persoas permite afrontar o seu estudo.

A outra alternativa a chegar á verba ‘filosofía’ é meterse nun bucle, non chegar a un fin. E é case un paralelismo perfecto co que pasa no ensino ó retirar o fondo humanista que representa a filosofía: entrar nun bucle de coñecementos que non leva a ningures.

Conste que non se trata de dar á filosofía unha importancia desmesurada, ou a unha determinada teoría filosófica unha validez improcedente. Non, trátase de situar o pensamento nun marco de referencia que permita o seu desenvolvemento, que impida que quede atrapado, cerrado nun bucle que permita un desenvolvemento tecnolóxico sen sentido para o seu uso.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s