Un día de folga

Estamos nun día de folga. De 20 estudantes os días normais, hoxe hai 6 persoas na aula. Que pasa?

A ver que me dicides. Imos poñer unha obra común.

1.’Estou na clase porque non deron papel e obrigáronme a vir’. É verdade. Como non deron o papel para comunicar a folga, fixéronme vir. A miña nai díxome que vira que había folga en marzo, non hoxe.

2.’Eu vin porque me apeteceu’. Viña unha amiga, e vin eu.

3.’Miña nai non se cría que había folga, así que mandoume vir’.

4.A min, ‘máxicamente’ apeteceume vir [Nota do transcriptor: normalmente non lle apetece vir nas folgas]. Tamén vin porque sei que cando hai pouca xente na aula non traballamos tanto.

5.”Miña nai non se creu que había folga e díxome: ‘E o papel’?” E logo engadiu. “Bueno, con papel ou sen el, non che ía deixar quedar”

6.’Eu veño porque a folga é de terceiro para arriba’

Eses son os motivos de vir. Agora ben, sabedes por que é convocada esta folga?

-Todo o mundo  (case ) está de acordo: pola LOMCE. Algún aumenta: ‘e por Raxoi’.

Estades de acordo con ir á folga?

-As respostas son variadas e comeza a xente a preguntar: que pasa coa LOMCE? A postura maioritaria parece inclinarse a ir á folga, pero sen moito ánimo, e procurando máis información cando chega a hora de decidir.

Agora ben, para decidir que facer hoxe, a información debía ser subministrada antes, non o mesmo día.

…, e agora podemos pasar a discutir, pero iso xa é máis complicado de apuntar aquí. Por iso, por hoxe, pechamos o artigo.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s