Tres fotos, tres miradas educativas

A mirada éo principal medio de adquisión de datos que temos. Por suposto, é moito máis, pero iso tamén. E por iso a mirada é un dos principais medios que podemos usar para a educación.

Fálase tamén de educar a mirada, e é evidente que adestrando o noso ollar podemos aumentar o rendemento que tirmos del en calquera aspecto, tamén no eductivo.

E a iso vai a entrada de hoxe. tres fotos capturan tres imaxes netamente diferentes, tomadas con pouca separación temporal unha de outra, e a pouca distancia espacial.

A primeira é unha imaxe dun xardín. Algún exemplo pode servir para ideas: Queres estudar plantas? Aí tes unha variedade de tamaños, follas, cores…. Centrarte na óptica? O contraste luz / sombra da de si. Ou en educación ‘educación’, e poderás observar o lixo desconsiderado co medio ambiente tanto como coas normas estéticas. Bioloxía, físca, debuxo… e moito máis nunha soa ollada.

Foto2lixo

Outra é unha imaxe dunha rotonda onde se aprecia a chegada da primavera, ilusionante comezo dunha clase de bioloxía. E as nubes, fase do ciclo da auga e mteria líquida no medio dun gas. Ou a perspectiva que pode comezar o gusto polo arte. Ou belas liñas de todas formas, tamaños, xeitos… e xeometrías, claro!

Foto3primavera

Mira ó lonxe, afai a túa mirada a amplos horizontes de paso que coidas os teus ollos afacéndoos a unha distancia á que están cómodos, pois hai tempo non había pantalliñas cautivantes, nin libros, senón o amplo campo… Se te fixas, verás que o mar parece rematar, en contraste con que a Terra é redonda, e podes imaxinar en tempos de Colón o traballiño que lle debeu costar conseguir tripulación para adentrarse cara esa liña que parece que marca o fin do mar sen terra onde apoiar. Ou a diferente cor do ceo, filtrada e difundida a luz por nubes e atmosfera. Ou ver como as ramas laterais da árbore que case podes tocar en catro anos xa parecen tronco que tira cara ó ceo, na procura da luz que xa non lle tapan as ramas superiores. Ou a distribución da poboación, coa testemuña das casas, na nosa Galicia máis próxima.Foto1ceo

Os detalles dunha simple foto que manifestan a complexidade do mundo e as posibilidades do ser humano se se sinte mundo e se aproveita…

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s