Un aforro de case 2000 €/alumno-ano. E a educación?

Chego a esa cifra despois de ver en eldiario.es a ligazón á memoria de actividades 2015 da Conferencia Episcopal Española. Pois iso é o que se chega facendo contas co que pon dita memoria na súa p. 39: 2447 centros educativos concertados de confesionalidade católica, con arredor de 1 400 000 alumnos terían aforrado ó estado en 2015 a cantidade de 2563 millóns de Euros, segundo as contas da Conferencia Episcopal. Unhas páxinas máis adiante (p.43), atopamos isto:

impacto educación iglesia

Cabe facer un aviso previo ante tanto ‘dato de formación’: a forma correcta de poñer os decimais é ó estilo ‘3,5’, non ‘3’5′.

Agora, pasemos un pouco polo alto polas aseveracións que se fan pola CEE.

Para comezar contrastando o que di na páxina 39, achégome ás estatísticas da base de datos educativos á que fai referencia dita páxina. Resulta que me atopo con que o gasto total en ensino medio (incluído ensino privado, estrutura educativa, como inspección, por exemplo, etc) é de algo máis de 32 000 millóns de Euros (segundo que se consideren cargas financieiras ou non, a cifra varía lixeiramente), para un total de 9,3 millóns de alumnos, supoñendo un gasto total duns 3400 €/alumno. Segundo as contas da C.E.E., aforrarían algo máis de 1800 €/alumno, co que o alumno ‘da privada confesional’ saería a menos da mitade de custe que a pública (claro, a estrutura educativa do país non conta…). Só podo sacar como conclusión que os centros públicos son uns manirrotos… ou que os datos que vai collendo a CEE e a súa forma de tratamento e presentación supoñen un engano manifesto.

‘Unha menor taxa de repetición’. Cabe lembar as prácticas para desfacerse de xente problemática, diferente nivel socioeconómico e educativo familiar, aceptacións a metade de curso, menor porcentaxe de inmigrantes e outras, mentras que as cuestionables medicións de rendemento educativo  tan en boga nos xornais estes últimos anos non presentan diferenzas salientables entre ensino privado e público.

Chama a atención que se fale de xeito indistinto de ‘formación católica’ (a maioría das veces na páxina), ‘actividad educativa católica’ e ‘actividad educativa de la iglesia católica’. Coido que son cousas diferentes. E que, en ningún caso expresan educación como un todo, senón como moito particularidades na actividade da igrexa católica (actividade ‘educativa’), mentres que ‘formación católica’ significa ‘formación “en católico”‘, non educación.

Nos beneficios directos repite o karma de que repiten menos, xa comentado, asociándoo con que repetir leva a un maior fracaso escolar (algo que ocupa dobre espazo no parágrafo que o resto), asociándoo así á excelencia dos centro educativos patrocinados (atención: intelectualmente, non pecuniariamente) pola igrexa católica.

En canto ós beneficios indirectos, afírmase, sen ningún tipo de datos, pero tampouco de pudor, que mellora a saúde. Que aumenta a tendencia ás doacións (tamén sen amosar datos, nin discutir máis posicións/posibilidades económicas e outros condicionantes). Que teñen maior control dos gastos (non sei se se referirá a que poden ter maior control dos gastos por poder ter que gastar). Que reduce as diferencias sociais (cousa doada se xa de partida se uniforma ós alumnos segundo as características sociais ó entrar). Que reduce a criminalidade ?

Por último, ofrece a páxina un gráfico e unha táboa, relacionados e relacionados co dito arriba. Só un detalle: se os gastos por alumno son un 33% inferiores á media, e a media son uns 3400 €/alumno-ano, iso significaría un aforro duns 1100 €/alumno-ano, non os máis de 1800 que anunciaba varias páxinas antes.

Dixen que ía pasar ‘un pouco polo alto’. Coido que chega. A educación non debe misturarse con adoutrinamento nin con financiamento, e parece que a CEE descoñece ese principio e a ética cando lle interesa.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s