Instrución pública fronte a educación

Hai uns días, atopeime co seguinte parágrafo: ‘(…) nos topamos con el Ministerio de Educación, así llamado en Burgos, con anglicismo flagrante, desde el 30 de enero de 1938, para diferenciarse del que, a la francesa, se denominaba de Instrucción Pública en el gobierno republicano.‘ (El dardo en la palabra, F. Lázaro Carreter, Galaxia Gutenberg 1997, p. 589)

A diferencia da argumentación sobre a linguaxe que fixo aparecer tal cita, chamoume a atención o cambio de denominación como diferenciación non tanto en consecuencia da guerra, senón da idea que debía sustentar o tal Ministerio. Polo que parece, na república había unha idea clara: necesitábase unha estrutura para a instrución pública, que sería o esfrozo de instrución a cargo do estado. Mentres, de xeito consciente no cambio de verbas, pero non sei se no seu significado, o campo dos sublevados reclamaba para si a potestade de educar, que inclúe o instruír (toda a a instrución, non só algunha), pero tamén moito máis, para insertar ás persoas na sociedade; mellor, para ‘societar’ as persoas.

A partir do anterior, fáigome a idea de que na república había conciencia dunha compartición da crianza a diversos novieis sociais, dende o familiar ó estatal. No campo franquista, polo contrario, non se admitiría dita compartición, pasando a estar, o mesmo que noutros rexímenes feixistas ou ‘comunistas’absorbida pola sociedade, á que o estado lle pon cara visible.

A cousa pasa por dúas reflexións contíguas:

1.Case oitenta anos despois, o ministerio séguese a chamar do mesmo xeito, mais hai unha confusión entre educación e ensino/instrución da que non é a primeira vez que falo. E pódese ver hoxe mesmo, na páxina web do Minsiterio de Educación, Cultura e Deporte (o de educación debe ser pouco para un único ministerio) de estudantes, non de educandos, profesores (non educadores, nin tan só mestres), e de ‘centros docentes’ (non educativos, pero, dentro deles, de institutos de educación). Confusión chamativa que non o parece tanto á vista da lexislación que vai saíndo, ó ser longamente superada por esta.

2.Di a cita inicial que o termo de Ministerio de Educación provén do ámbito anglosaxón. Se se mira na web do departamento educativo do goberno do Reino Unido, atopamos schools, teaching e ‘edubase’ na súa portada. Pero hai unha diferencia: o significado atribuído a educación. Por unha vez, collo a Enciclopaedia Britannica e non a wikipedia para achegarme máis a mentalidade de hai 80 anos, e atopo: “education discipline that is concerned with methods of teaching and learning in schools or school-like environments as opposed to various nonformal and informal means of socialization (…)” Comparo co Diccionario de la Real Academia Española de la Lengua: “Del lat. educatio, -ōnis. // 1. f. Acción y efecto de educar. // 2. f. Crianza, enseñanza y doctrina que se da a los niños y a los jóvenes. // 3. f. Instrucción por medio de la acción docente. // 4. f. Cortesía, urbanidad.“. Non me queda outra que acompañala por Educar: “Del lat. educāre. // 1. tr. Dirigir, encaminar, doctrinar. // 2. tr. Desarrollar o perfeccionar las facultades intelectuales y morales del niño o del joven por medio de preceptos, ejercicios, ejemplos, etc. Educar la inteligencia, la voluntad. // 3. tr. Desarrollar las fuerzas físicas por medio del ejercicio, haciéndolas más aptas para su fin. // 4. tr. Perfeccionar o afinar los sentidos. Educar el gusto, el oído. // 5. tr. Enseñar los buenos usos de urbanidad y cortesía.

Unha volta expostos os significados para a comparación, vemos que no castelán o termo educar estase a malear co tempo, pero aínda segue sendo abondo máis amplo (e os significados considerados como principais expresan unha idea diferente) que o inglés ‘teaching and learning’ ou que o castelán ‘instruír’.

É dicir, nos países anglosaxóns non existiría a confusión que existe aquí sobre o mantemento e funcións dun ministerio tal… confusión que coido se está a extender á lingua despois de ter subvertido a idea do que é educación.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s