Aínda non levaches ó teu fillo ó psicólogo?

Psi

Ben, naturalmente pode ser a túa filla, e en troques do psicólogo, algún outro orientador ou orientadora semellante. O caso é dispor dalgún papeliño dicindo que o rapaz ou a rapaza é diferente. Algo que, por sorte, todos somos: diferentes.

Tamén é évidente que hai diferencias a ter máis en conta que outras, claro. pero ó que imos, iso non importa tanto. A cousa é que se tes o papeliño, enseguida o conxunto de profesores reciben unha batería de instrucións para tratar de xeito ‘persoalizado’ ó teu fillo. Facendo unha conta rápida, como o tempo dos profesores é limitado e non resulta ser variable por ter máis ou menos alumnos nesas circunstancias, ó distribuílo, resulta que se se pon máis nun lugar, ponse menos noutro. Co que de aplicar as recomendacións, ese gasto de tempo nuns vai en detrimento dos outros.

Ou sexa, de xeito rápido: os ‘non ditaminados’ perden tempo de adicación, co que se pode entender unha discriminación.

Como esta papelización de diversidades vai medrando ano tras ano dende hai xa uns poucos, a presión sobre os non papelizados, de aplicarse normativa e consellos (tamén persoalizados), vai aumentando.

Ademáis, así, calquera queixa ten un apoio previo, e a xente papelizada ten antaxes noutras situacións.

De aí, o consello: se aínda non papelizaches ó teu fillo ou filla, vai pensando en facelo.

Nota: naturalmente, o anterior debe tomarse como unha sátira, mais cun fundamento para facer pensar sobre a deriva e abuso dun sistema deixado da man de Deus.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s