Agora, os burros son transparentes

burro

‘Carne de burro non é transparente’, dicíase hai non moito para indicar que alguén nos estaba a quitar a vista. Hoxe haberá que dicir máis ben o contrario, como indica o título.

En base a outra lectura cheguei a que a información que Facebook ten sobre min, en formato comprimido (.zip) sobrepasa os 700 Mb. Para facernos unha idea, remato de descargar todo o Quixote en 0,36 Mb, o que significa que Fb ten sobre min unha información equivalente a uns 2000 Quixotes. Coido que nin eu mesmo teño tanta información accesible rapidamente como ten unha empresa privada -unha soa-. E calculo que Google terá unha cantidade semellante, e moitas outras, cantidades menores.

Esa cantidade de información pode ser usada para calquera cousa, como se leva amosado xa repetidas veces, dende para tentar venderme unha estancia nun hotel a ‘orientar’ o meu voto. E toda recollida máis ou menos co meu consentimento -se non expreso, tácito ou inocente-. Cantidade de información que debe facernos pensar sobre como actuar na rede dixital que nos rodea, que fai necesaria unha educación que a partir de certas idades non pode ser senón autoeducación… pero non por iso menos necesaria.

Por certo, podes mirar e descargar a info que Fb ten sobre ti aquí.

Para saber máis (técnica).

De onde saiu a idea.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s