Contestación no ensino

Cartel contra a reválida LOMCE

Unha nova de hoxe na nosa zona: as reválidas foron acollidas con dispar talante en diferentes centros.

  • Que reválidas?

As de secundaria, LOMCE.

  • Que características teñen?

Son voluntarias, como principal.

  • Que centros participaron?

70 en toda Galicia. Na zona, o IES San Rosendo de Mondoñedo e o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

  • Por que se di que foi dispar?

No primeiro, participaron 19 de 21 alumnos (90,5 %). No segundo, 12 de 65 (18,5 %)

  • Cal é a explicación desa disparidade?

A principal, a contestación dunha proba que se ve innecesaria, e pretendendo medir con criterios que non corresponde ás métricas educativas, senón alleas ás mesmas. Pero esa interpretación é contestada, como non pode ser doutro xeito nunha cuestión humana que dende un sector se trata de impor, e tendo ademais unha nula capacidade e/ou vontade dende ese sector para facer participar á xente na decisión.

  • Por que houbo tal diferenza?

En Ribadeo houbo unha mentalización da situación, e os alumnos en xeral aproveitaron para estudar cara ó fin de curso  (ao menos, iso din). Descoñezo o caso de Mondoñedo.

  • Máis?

Si, claro. Coido que o trasfondo da imposición dunha reválida común  ten entresixos abondo como para levar á superficie moitas máis cousas que a existencia ou non dun mecanismo de control supostamente igualitario. Pero iso, polo que parece, queda para outro día.

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s