Mercando robots

Hai veces que a información subministrada por unha nova desborda non as posibilidades de interpretación, senón a posibilidade de manexo dos campos das consecuencias que se poden intuír, o que en certo xeito ven sendo parello (aínda que a outro niel) a non saber interpretar a nova.

Hoxe atópome cunha nova que, entre outras cousas trae unha táboa: a de robots industriais mercados en cada país o ano pasado. Collo os datos do blog, miro na wikipediato outros para relacionalos e fago un pequeno tratamento: compároos coa poboación do país, calculando o cociente como número de robots mercados por cada cen mil persoas. O resultado foi o seguinte:

mercando robots.jpg

Se se ordea a táboa por número de robots mercados, sae que a China mercou o triplo que o seguinte país, Xapón, o que fai que se pense no futuro da competitividade industrial do xigante asiático. Se axustamos á poboación, e vemos o número de robots mercados por cada 100 000 habitantes, vemos que os Estados Unidos e China mercaron aproximadamente a mesma cantidade, 1 robot por cada 10 000 habitantes. E iso ten algo que dicir sobre o desenvolvemento futuro de cada país. Unha clasificación que encabeza Corea do Sur seguida de preto por Singapur, con España entre a China e o Vietnam, e netamente por riba de Francia e por baixo de Italia.

Noutro nivel viría a consideración da preparación tecnolóxica necesaria en cada país para que eses robots funcionen, ou as perspectivas de avance tecnolóxico para o futuro. Aínda noutro apartado poderíase especular sobre a perda de horas de trtaballo humano ou novas portunidades para os traballaodres humanos que iso representa, os cambios sociais que pode supoñer, os desafíos educativos considerando a educación non só como formación senón como desenvolvemento humano, ou as necesidades enerxéticas para subministrar as máquinas e os desafíos que supón o desprendemento da calor xerada por esa produción, … e poderíamos continuar. Pero o conxunto representa tamén un desafío á consideración non só da textura social, senón tamén a que é a persoa nun mundo robotizado, e, por suposto, ó conxunto da educación, dende a súa definición ata os seus métodos.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s