Hoxe atopeime cunha nova que en principio deixome pensando: os estudantes da Universidade do País Vasco terán que asinar un contrato comprometéndose a non copiar en traballos nin en exames. Declaración de compromiso de honradez, chámanlle. Está incluído nun completo protocolo de prácticas a seguir, tanto para o alumnado como para o profesorado.
Despois de deixar madurar a idea, entendo que a educación en si é un compromiso non asinado, e que o ter que asinar un compromiso está dicindo algo así como que ‘non, a educación non é iso, pero nós incluímo’.
Non sei o resultado que dará na práctica na universidade, pero a estas alturas teño claro que non pode ser bo para a educación, e que é cando menos, de resultado dubidoso para despois do remate da universidade.
Tempos aqueles no que a palabra e/ou o apretón de mans rubricaban os contratos! Evidentemente, non era un sistema perfecto por moitas cousas (entre elas, para os que se referían a bens non perecedeiros, os herdeiros de ambas as partes non tiñan por que chegar a ser conscientes dos tratos anteriores, o que ten dado e segue dando problemas) pero xuntaba simplicitade e ética de xeito natural, algo do que non é capaz a documentación do estilo da comentada.