Máis de sete horas de traballo extra

Remato de ver hoxe unha nova que di que nos USA, o tempo adicado ás pantallas móbiles xa ten superado o tempo adicado á televisión, unhas en amplo ascenso e a outra en claro descenso. Para min, os números, con 3 h 43 minutos frente a 3 h 35 minutos, por separado, son indicativos, pero máis aínda en conxunto: significa que un cidadán medio dos USA pasa fronte a unha pantalla que lle fai de interface co mundo, fóra do traballo, 7 h 18 minutos, camiño de 1/3 de día. Unidade de tempo que podemos imaxinar distribuída como 1/3 de sono, 1/3 de pantallas, 1/3 de traballo e os restos para ‘outras cousas’, como comer… Se temos en conta que estamos falando de ‘diarios’, non ‘hábiles’ ou ‘de traballo’, podemos concluír que pasa máis tempo diante dunha pantalla, vendo o mundo a traverso dunha interface plana, que no traballo.

Non me vou poñer a analizar agora isto en profundidade, pero venme á mente un traballo que publiquei hai máis de trinta anos, ‘Los dibujos animados en la experiencia física del alumnado‘, no que xa daquela apuntaba a que os nenos víanse máis influenciados (mesmo máis tempo!) polos debuxos animados que na propia aula. Agora está a cambiar a composición dese tempo adicado á virtualidade, pero os fundamentos son que, á vista dos datos, o fenómeno non ten deixado de aumentar dende aquela época, tampouco para os alumnos. E que dunha volta que existen novidades como as tan traídas e levadas ‘fake news’, é cousa de dicir aquelo de ‘Houston, temos un problema!’. Se non directo, ao menos si indirecto: o mundo está a desaparecer detrás da virtualidade, pero nós estamos ‘no mundo non virtual’, e seguiremos a estalo. Unha diferencia para a que non sei se estamos abondo preparados.

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s