Para aprender mellor, mellor non acertar sempre

85_25

Un artigo  remata de lembrarme algo do que teño idea hai tempo: segundo parece, para compensar un comentario negativo a unha persoa, fan falta uns 5 comentarios positivos. En principio, iso tería pouco que ver coa aprendizaxe, mais somos complexos abondo para que saibamos aprezar unha coincidencia: segundo o artigo citado, a aprendizaxe óptima prodúcese cando hai cousa dun 15 % de erros nas nosas predicións sobre o que aprendemos. Pero é que, por unha banda, ese 15 % representa aproximadamente 1/6 do total, é dicir, que o óptimo sería un fallo cada 5 acertos. ou sexa, a mesma porcentaxe.

Razoan no artigo que iso estaría ligado coa área de desenvolvemento próximo: se algo está moi próximo ó coñecemento que temos, non aprendemos nada significativo, e se está moi lonxe, non damos aprendido. Algo que por certo, e segundo parece, tamén ocorre coas máquinas, coa ‘intelixencia artificial‘.

De calquera xeito, iso lévanos a reconsiderar o xeito de aprendizaxe ‘facilitativo’ ou ‘doce’, pois demasiados aplausos, demasiados acertos poden estar lastrando a aprendizaxe -lástrano- de igual xeito que cando a alguén se lle está dicindo continuamente ‘moi ben’ e nunca ‘mal’ perde toda motivación ou consideración, atopándose con que non saberá encaixar cando algo lle vaia a través e perderemos a amizade correspondente ó dicirllo, ou, como alternativa, estaremos a facerlle dano se non llo dicimos…

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s