Unha opción no coronavirus: construír Wikipedia

O título recolle uha posibilidade de posibilidades, pois o que se coñece como Wikipedia abrangue un conxunto de sitios que non son específicmente Wikipedia, senón lugares interelacionados. Pero iso agora non importa. Queres colaborar? Aquí tes un xeito de comezar:

 

Usuario:Elisardojm/EuTraduzoNaCasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saltar ata a navegación Saltar á procura


EuTraduzoNaCasa

Unha nova actividade que podemos facer neste tempo de confinamento é traducir artigos de calidade doutras Wikipedias.

A Galipedia ten unha ferramenta que fai que esta tarefa sexa moi doada, ten integrado un tradutor automático e ti o único que tes que facer é amañar os erros que comete o tradutor.

Con esta actividade aprenderemos cousas novas da Wikipedia e axudaremos a que a Galipedia medre con contidos que xa foron revisados por moitos usuarios. O que se di “un dous por un”.Face-smile.svg

Na Wikipedia en castelán os artigos bos e de calidade atópanse en Wikipedia:Artículos destacados e en Wikipedia:Artículos buenos, e entre eles atópanse artigos de tódalas temáticas e campos.

E non te preocupes polo formato e os erros de formato que dea o artigo, ti esfórzate en revisar a tradución, publica o artigo, e despois apúntao na parte de abaixo desta páxina. Eu irei amañando os erros de formato e engadindo os modelos que falten, así é o traballo en equipo Face-smile.svg

E por suposto, se queres mellorar o artigo por ti mesmo, podes seguir traballando nel así que estea na Galipedia.

Podes preguntar as dúbidas que teñas na miña páxina de conversa ou na Taberna da Galipedia.

Moitas grazas pola túa colaboración e ánimo, que facendo cousas o tempo de confinamento pasa máis rápido.Face-smile.svg

Por favor, non fagas traducións sen revisalas ben, as traducións que non estean corrixidas serán borradas!!!


Traduce un artigo en 5 doados pasos. Con videotitoriais!!

1. Vai á Wikipedia en castelán e busca un artigo bo nesta lista ou un artigo de calidade nestoutra. Asegúrate que non existe na Galipedia, para iso vai ó artigo e revisa se nas ligazóns de lingua (nas ligazóns da parte da esquerda da páxina) aparece o galego, se non aparece é que aínda non existe e podes anotar o seu nome.

2. Se non tes, crea a túa conta da Galipedia e conéctace con ela.
3. Configura a ferramenta do Tradutor de contido.
4. Aprende en cinco minutos a usar a ferramenta do Tradutor de contido.

5. Traduce o teu artigo usando o Tradutor de Contidos, é o máis doado do mundo…, e publícao na Galipedia!


Apunta os teus artigos!!

Apunta aquí o nome do artigo que traduciches para que o vaiamos revisando.

Só tes que premer no botón de abaixo e na páxina que aparece escribir o título do teu artigo. Despois tes que premer no botón de “Publicar os cambios”. Con iso xa quedará gardado nesta páxina.

Moitas grazas pola túa colaboración!!Face-smile.svg

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s