Unha fonte de coñecemento? Polo menos, de dados.

Screenshot_2020-04-28 Wikipedia on Instagram “What we know In the time it took you to read this, a Wikipedia article about [...]

Día corenta e tantos do estado de alarma. Encerrados na casa, os pícaros xa poden sair airearse. Pero mentres, o ‘curso’ vai transcorrendo senpoder voltar ás aulas. Quen pode, usa medios telemáticos para non perder demasiado, pois non hai costume para que sirvan para facer o avance ‘normal’. Algúns, por iso, seguro que están a avanzar máis do que ‘en tempo de clases’, é o que ten a novidade e estar usando un medio que ata o de agora -algúns- se viron reprimidos de usar. O caso é que o estudo está a verse doutro xeito, son outras as armas qu se empregan, que se están a probar, e tanto por parte de profes como de alumnado, a tempada está a ser fructífera se se pon un pouco de partre, aínda que só sexa pola experimentación de novas contornas. Se falamos de rendmeento escolar, iso xa é diferente. e, repito, sempre haberá quen esté en inferioridade de condicións e non poda aproveitar as novidades tecnolóxicas ou teña outras eivas que lle impidan facer cousas que a outra xente lle están a vir ben.

No medio disto, atopo unha nova na rede hai unha semana: a Wikipedia ten xa máis de 4500 artigos relacionados co coronavirus. E outra: cada 22 segundos alguén pulsa ‘entrar’ despois de mellorar algún artigo sobre o coronavirus na Wikipedia. Si, é certo que hai máis de 300 linguas que versionan cadansúa Wikipedia (entre elas, o galego, coa Galipedia), e que seguro, seguro que hai moitas máis edicións en inglés que en galego, pero aínda así, iso supón que hoxe por hoxe a Galipedia, a Wikipedia en xeral, é xa unha fonte confiable de novas sobre o COVID-19 (ao menos, todo o confiable que pode selo cun estado da arte cambiante). E, polo tanto, volve ser un elemento confiable de consulta e uso formativo.

De feito, o facer este artigo remato de quedar abraiado coa extensión que xa ten a entrada COVID-19 na Galipedia… entre outras cousas, con 246 referencias no momento no que esto escribo, a 28 de abril de 2020, despois de 342 edicións (e 18 edicións menores) por 9 editores despois de terse comezado o 3 de marzo.

Advertisement

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s