A bolsa de plástico para protexer o proxecto de ciencias

cita

“A bolsa de plástico para protexer o proxecto de ciencias” é unha frase que me deixou pensando ó pouco de comezar a letura de ‘O libro da filla’ de Inmaculada López Silva. Decidín enterarme de onde estudara a autora, pero pronto desistín, non por cansanzo, senón porque só me aportaría un nome coa verificación dunha certeza: a autora asistiu a clases nun centro no que se valoraban de xeito positivo e aplicaban -ao menos por algunha parte do profesorado de ciencias- métodos activos de aprendizaxe.

Iso, salvo excepcións, situaría á autora nunha adolescencia nunha Galicia xa con votacións a partidos políticos, cunha asociación de ensinantes de ciencias -EnCiGa- onde hai xente que se preocupa polo ensino ou que, polo menos, vai recollendo apuntes de novos xeitos de ensino aprendizaxe. Cunha certa ilusión vital nun ambiente, iso, ilusionante polo devir do ensino. Algo que sería totalmente estrano atopar nunha novelista nada en España nos anos 50 do pasado século, poñamos por caso. Algo que me fixo sorrir dun xeito un tanto cómplice como con certa satisfacción de estar nunha corrente de didáctica -non fai falta chamala así, fai falta exercer o seu uso- que ten suposto un avance en relación ó ensino recibido con anterioridade. Si, daquela podíase falar con total propiedade así, ‘ensino recibido’, sen a dicotomía complementaria misturada do ensino/aprendizaxe, sen que a aprendizaxe estivera supeditada, subordinada, ó ensino ‘directo’.

Os tempos cambian. Quen di que o ensino non o fai tamén? Pode que para gusto de moitos de nós, de xeito demasiado lento, pero constatar cambios positivos en lugares insospeitados da unha esperanza nada desprezable.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s