O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Estamos no mundo. Vivimos, e iso significa que interactuamos. Pero queremos seguir sendo nós, e non marionetas do resto do mundo, e menos aínda, marionetas dunha parte minúscula do resto do mundo. A iso é ó que chamamos liberdade, e a consideramos unha parte fundamental do noso ser.

A liberdade non se obtén así, sen máis nin máis, nin dunha vez para todas. Hai que traballala e ila logrando, logrando independizar a nosa vida cando somos pequenos, e logo, manténdoa independente. E algo básico dentro desa independencia, para poder mantela, é o manter unha parte do mundo como propia, nosa, independente, privativa. É a noción de privacidade o que o permite.

Coa rede de internet e o desenvolvemento de apps que recollen e envían información (en bruto ou metadatos), o problema da privacidade ten acadado outra dimensión. Xa non se trata de que poda haber unha persoa continuamente espiándonos (cousa que se manifesta imposible pois se somos tan importantes como para que tenten facer iso, tamén teremos recursos para evitalo) senón que se trata de que os nosos complementos informáticos, que levamos connosco, envían datos continuamente sobre todas as nosas actividades, permitindo un rastreo mesmo moito máis preciso que se alguén (unha persoa) nos estivera espiando.

Agora está a desenvolverse unha loita en diversos niveis sobre o tema da privacidade. Entre eses niveis está o legal, tentando de poñer portas de xeito indirecto, pois de froma directa é algo así como poñerlle portas ó campo. Outro é a nivel educativo, facendo á xente consciente deste feito que é novo na histotria da humanidade debido ó desenvolvemento tecnolóxico, …

A nivel legal, un dos encontronazos do momento é na UE para evitar que saian datos de cidadáns europeos cara ó estranxeiro (en particular, ós EEUU, de mans das compañías tecnolóxicas). É só algo paliativo (ou é que se perdemos a intimidade en mans de empresas que manteñan os datos en Europa non pasa nada?) pero pode ser un comezo, aínda que sexa pequeno. Mais aínda así, hai compañías que se revolven, que se teñen volto tan poderosas como para asoballar nun ‘mercado’ de 400 millóns de persoas de relativamente alto poder adquisitivo. E así temos o caso de Facebook, compañía que lidera as redes sociais e que ameaza con deixar de prestar os seus servizos en Europa se non lle deixan largarse cos datos ós EEUU. Ata aí chegamos. E dende aquí vemos a falta -a necesidade de educación- para ser persoas. Por parte dos cidadáns, valorando, preservando e loitando pola nosa privacidade como aspecto fundamental na concepción dunha persoa. E tamén de parte das compañías, coa necesidade de convertilas en máis humanas, capaces dunha certa empatía coas persoas que usan os seus servizos. Tal parece que en vez de estar as compañías ó servizo das persoas, como debe ser e tenta enfatizar tantas veces a propaganda corporativa, sexan as persoas as que son consideradas polas compañías que están ó seu servizo. Educación e (ou, ou tamén) revolución.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s