Estamos perdidos! Kiko está afundido!

Onte, na prensa, un anuncio dos semanais asociados ó xornal incluía unha portada coas novas / cos artigos -entendo- máis salientables das revistas anunciadas. Collo algún dos titulares:

  • Kiko, hundido. Su madre y su hermana le dan la espalda
  • Bisbal y Rosanna ya están en casa con su bebé
  • Vuelven los Reyes Magos

Sei que a revista anunciada non é de temática educativa, nin pretende educar. Por outra parte, presumo que hai moita xente que a le, pois ten moitos anos ó lombo e, se non é omnipresente, si ten unha presenza importante nos quioscos. Mais o anterior non quita para que, se me paro a pensar nos titulares anteditos, me entre unha sensación parella á depresión. As caras da portada que presumo do tal Kiko e familia -e con expresións que non van de todo co titular- dinme menos aínda que o titular mesmo. Quen é Kike? Pois non o sei, nin vou mirar en internet…

O cantante (iso é o que sei de Bisbal) debe de estar ledo por voltar á súa casa coa muller e o fillo (non sei se hai matrimonio, pero en tal caso, poloo titular infiro que é fillo seu), o mesmo que Rosanna, por suposto. Parabéns! Mais de aí a que teña un interese para alguén máis que para eles e os familiares e amigos próximos…

Así que queda como nova a volta dos Reis Magos. Una nova repetida moitas veces, de xeito cíclico, anual, xa non tan nova, quizais máis se a consideramos en clave infantil, como candidata a estrela da revista aínda que non sexa a máis remarcada da portada.

Tentando educar, pregúntome a quen vai dirixida a revista, que vin anunciada nun xornal xeralista? Polo que me teño fixado nalgunha consulta e lugares polo estilo, a mulleres do tipo de amas de casa que pretendidamente queren evadirse dunha realidade plana tentando arrimarse á vida doutra xente que poden identificar, e coa que, polo tanto, poden construír unha entrada de proximidade na súa sociedade, por moito que sexa,como se diría hoxe, ‘virtual’.

O caso é que o anuncio estaba inserto no xornal, e diríase que non é ese o perfil do lector tipo. Logo, Preténdese educar ó ‘lector tipo’ nese sentido? É unha derivación feminina do ‘fútbol et circenses’ que poderíamos parafrasear dos romanos? Ten algún sentido dende este blog unha portada como a vista? Se se pretende educar, non, a non ser que a ‘educación’ que se procure sexa unha moi definida…

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s