Aprendendo dos (ou cos) bos

Recreación de Alicia Tojeiro

Cando boto man á prensa leo de pasada os titulares, algunhas veces bótolle unha ollada ó artigo e poucas veces me paro a ler o artigo completo. Remato de facelo. O artigo, título e subtítulo, chamábase “Alicia Tojeiro, mejor profesora de España: «A mis alumnos les digo: “¿Has fallado? ¡Perfecto!”». La docente gallega, que da clase en Oleiros, aún recuerda a la profe que la suspendió por saber de más, aunque no le dejó huella. «En mis clases nunca falta la magia, el juego y el humor, hay que reírse mucho para aprender», señala“.

Desfrutei lendo o texto de Sandra Faginas e imaxinando o que ocorre na clase de Alicia Tojeiro. Fíxome meter na pel dunha profesora de primaria e dos seus alumnos. Poder imaxinar o que senten e o seu avance fronte ó mundo.

A miña experiencia non é de primaria, senón de secundaria, e sei que os métodos e experiencias non se poden trasladar entre niveis así, sen máis. Pero fíxome sentir envidia e ganas de emulala. As ganas de emulación non pagan dereitos de copia, senón débeda de recoñecemento. E a envidia é xa un recoñecemento implícito que, recoñecida a circunstancia tamén nun mesmo, debe levar ó traballo de superación persoal. Como xubilado, teño menos posibilidades de recorrido neste sentido, pero sempre hai algunha.

E, mentres, coido que non fai falta que recomende o artigo como lectura. Lin un, mais a rede está pragada deles: podes escoller. Mais pode que non veña mal un consello: tomalo como unha interface cara á mellora persoal. Séxase ou non docente, hai moito que aprender, a vivir, e como unha parte do todo, a posibilitar a vida.

Por certo, Alicia sorrí moito, nótaselle que desfruta.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s