Manifesto do dominio público

Que ten que ver ‘educar’ co dominio público? É possible queue ó ver esta entrada neste blog alguén pense an pregunta anterior. A cousa (e a causa) estriba en queue a educación debe ser libre, e sen ter un ‘dominio público’ o que queda é privado, co que non se pode ter unha auténtica educación. Poderiamos falar máis diso, pero a entrada non vai por aí, senón para achegarse a unha base da educación. O manifesto está accesible en castelán, e pódese asinar en https://publicdomainmanifesto.org/manifesto/#es “Le livre, comme livre, appartient à l’auteur, mais comme pensée, il appartient—le mot n’est pas … Continue reading Manifesto do dominio público

O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Estamos no mundo. Vivimos, e iso significa que interactuamos. Pero queremos seguir sendo nós, e non marionetas do resto do mundo, e menos aínda, marionetas dunha parte minúscula do resto do mundo. A iso é ó que chamamos liberdade, e a consideramos unha parte fundamental do noso ser. A liberdade non se obtén así, sen máis nin máis, nin dunha vez para todas. Hai que traballala e ila logrando, logrando independizar a nosa vida cando somos pequenos, e logo, manténdoa independente. E algo básico dentro desa independencia, para poder mantela, é o manter unha parte do mundo como propia, nosa, … Continue reading O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)

Hai tempo que está moi claro que para o estudante representa unha ventaxa o ser guiado. Por iso, a razón de ser do profesorado. E, máis aínda dende que o ensino non é individual, que esa guía debe ser subministrada nun soporte que a poda facer extensible ó grupo ó que vai dirixida e para todo momento ó longo da extensión da aprendizaxe. Por suposto, a guía debe comezar antes do estudo propiamente dito (como o fai a aprendizaxe) e non rematar ata a certificación do realizado (oficial, oficiosa ou indicativa). É dicir, debe estar integrada no estudo, pero a … Continue reading Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)

Sobre un título: “Inconveniencias sociais, e para a saúde, do ocio incontrolado”

A Educación (para que se entenda ben, moito mellor que ‘educación’!) é complexa non só por tratar con individuos diferentes e ser tentada de imbuír por individuos tamén moi diferentes os uns dos outros, senón porque pode abranguer -de feito, … Continue reading Sobre un título: “Inconveniencias sociais, e para a saúde, do ocio incontrolado”