A educación borrosa

O termo ‘fuzzy’, borroso, estase a impoñer nalgúns campos como o da lóxica, indicando que temos que tratar cun conxunto de datos demasiado grande para tomar decisións. E que o que cómpre, a falta de tempo e medios, a máis da imposibilidade de exactitude na toma de datos ou de imposibilidade da mera recolección de todos os que deberamos considerar, é tomar decisións cun conxunto de datos reducido, tentando delimitar ese ‘á vaiche boa’ para facelo dun xeito o máis preciso posible. Hoxe atopeime unha lectura que me levou a repensar no tema, “¿Quién es el verdadero culpable en un … Continue reading A educación borrosa

Unha opción no coronavirus: construír Wikipedia

O título recolle uha posibilidade de posibilidades, pois o que se coñece como Wikipedia abrangue un conxunto de sitios que non son específicmente Wikipedia, senón lugares interelacionados. Pero iso agora non importa. Queres colaborar? Aquí tes un xeito de comezar:   Usuario:Elisardojm/EuTraduzoNaCasa Na Galipedia, a Wikipedia en galego. < Usuario:Elisardojm Saltar ata a navegación Saltar á procura EuTraduzoNaCasa Unha nova actividade que podemos facer neste tempo de confinamento é traducir artigos de calidade doutras Wikipedias. A Galipedia ten unha ferramenta que fai que esta tarefa sexa moi doada, ten integrado un tradutor automático e ti o único que tes que … Continue reading Unha opción no coronavirus: construír Wikipedia

O IES, Na Galiciencia

Os pasados 9-11 de maio tivo lugar a XIII Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. Alí, en Tecnópole, Alberto Dopico e Diego Alonso expuxeron o traballo Hai sesenta anos e hoxe, o clima en Ribadeo. Dito estudo compara as principais magnitudes da temperie ribadense na década dos cincuenta do pasado século e na última década. Os tres días pasados alí polos estudantes do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo completáronse coa visita ós outros traballos presentados (entre eles, outro da Mariña, do IES San Rosendo de Mondoñedo, o ‘Proxecto Rebinxe‘, que na competición acadaría o primeiro premio). Tamén, coa … Continue reading O IES, Na Galiciencia

Finlandia? Non, natureza humana

Pero si Finlandia ha sido clasificado como el país más alfabetizado del mundo también puede deberse en parte a un decreto del siglo XIX que prohibía a las parejas casarse en la Iglesia luterana sin antes haber aprobado una prueba de lectura. Como dice Halonen, “todo un incentivo para aprender a leer”. O parágrafo anterior atopeino onte lendo eldiario.es, e póñoo porque me sorprendeu a simplicidade da medida e a súa evidente efectividade. Que medidas equivalentes poderían propoñerse hoxe para lograr resultados educativos? Pero tamén, lembrar que as medidas educativas poden dirixirse a fins non demasiado edificantes. E así, que … Continue reading Finlandia? Non, natureza humana

Un conto sobre as dificultades das matemáticas no ensino da física

Corto e pego dende Física e Química en Ribadeo: Comentario sobre ecuacións e sociedade: Hawking e a venda de “Historia do tempo”, un conto No libro “Historia do tempo”, S. Hawking comenta un consello co seu editor, que lle ven dicir, máis ou menos: “por cada fórmula (=ecuación) que conteña o libro, reducirase a venda á metade” (referireime á frase anterior como ‘comentario do editor’, CdE). Aínda así, Hawking deixou unha expresión matemática. Debemos entender entón que a venda de libros se reduxo á metade. a) A metade… de que? Como non hai unha definición numérica previa da posible venda … Continue reading Un conto sobre as dificultades das matemáticas no ensino da física

Falando enténdese a xente. Unha cousa cortiña

O caso é como se fala. Pode ser un auténtico monólogo, ou unha charla onde o fundamental é dicir cousas, non que cousas. En ambos casos, chámaselle falar. Pero… Lembroume o tema das falas o último artigo de Enrique Dans. Trata da introdución dun novo xeito de ensino/aprendizaxe, relacionado co ensino de ciencia, tecnoloxía e sociedade, en particular, temas de programación, noutros países, non aquí. Non estou totalmente de acordo co que di, pero si en liñas xerais. Propón ‘daquela maneira’ o traballo por proxectos, e nesas estou tamén eu, ‘daqueloutra maneira’. Logo collido de http://www.rockwallisd.com/nebbie/files/2015/02/STEM-Logo.jpg Por certo, cando foi … Continue reading Falando enténdese a xente. Unha cousa cortiña