Aprendendo dos (ou cos) bos

Cando boto man á prensa leo de pasada os titulares, algunhas veces bótolle unha ollada ó artigo e poucas veces me paro a ler o artigo completo. Remato de facelo. O artigo, título e subtítulo, chamábase “Alicia Tojeiro, mejor profesora … Continue reading Aprendendo dos (ou cos) bos

20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia

Polo interese que ten a Wikipedia e a constelación arredor de Wikimedia na historia da educación, deixo traducido o artigo sobre a propia historia de Wikipedia que apareceu no blogue de Wikimedia España (Lic. Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)): 20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia13/01/2021 por Santiago Navarro Sanz A enciclopedia libre nacía tan só 15 días despois de entrar no século XXI: unha nova enciclopedia para un novo século. Nin os mesmos creadores de Wikipedia podían intuír en que se ía a converter aquel experimento de web colaborativa. Milleiros de millóns de horas foron investidas … Continue reading 20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia

LOMLOE? Que é iso?

A era da desinformación chegou á educación. E iso maniféstase de diversos xeitos. Por exemplo, hoxe por hoxe non é doado ter info veraz sobre a nova lei de educación, a ‘LOMLOE’. Por iso deixo aquí ligazóns a varias fontes oficiais de datos sobre ela. Claro que, se non te fías da lei (hoxe por hoxe, hai xente que prefire conspiracións a verdades, interpretacións previas a confianza nas interpretacións oficiais, etc), entón teralo máis difícil… Info(grafía) completa da LOMLOE: https://www.educacionyfp.gob.es/gl/destacados/lomloe.html E aquí, a infografía nun blog que o currou: https://josechuferreras.files.wordpress.com/2020/11/infografias-lomloe-1.pdf Ben, pois agora xa podes informarte. Queres? Continue reading LOMLOE? Que é iso?

Unha reflexión sobre ciencia e educación

(https://twitter.com/EdzardErnst/status/1327993712195084288?s=20) Remato de ler en Twitter algo que xa apuntei hai uns días: ‘Se nunca cometes erros, estás a facelo de xeito equivocado. Se non corrixes os teus erros, estalo a facer moi mal. Se non aceptas que cometiches un erro, non estás a facer nada‘ Con todos os peros que se lle podan poñer ás sentenzas anteriores, e se se segue o fío en twitter verase que poden ser abondos, coido que a base do que din ten moito de verdade. E non só para aplicación no campo de investigación científica, ó que van adicadas, (se non, non no … Continue reading Unha reflexión sobre ciencia e educación

Estamos perdidos! Kiko está afundido!

Onte, na prensa, un anuncio dos semanais asociados ó xornal incluía unha portada coas novas / cos artigos -entendo- máis salientables das revistas anunciadas. Collo algún dos titulares: Kiko, hundido. Su madre y su hermana le dan la espalda Bisbal y Rosanna ya están en casa con su bebé Vuelven los Reyes Magos Sei que a revista anunciada non é de temática educativa, nin pretende educar. Por outra parte, presumo que hai moita xente que a le, pois ten moitos anos ó lombo e, se non é omnipresente, si ten unha presenza importante nos quioscos. Mais o anterior non quita … Continue reading Estamos perdidos! Kiko está afundido!

O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Estamos no mundo. Vivimos, e iso significa que interactuamos. Pero queremos seguir sendo nós, e non marionetas do resto do mundo, e menos aínda, marionetas dunha parte minúscula do resto do mundo. A iso é ó que chamamos liberdade, e a consideramos unha parte fundamental do noso ser. A liberdade non se obtén así, sen máis nin máis, nin dunha vez para todas. Hai que traballala e ila logrando, logrando independizar a nosa vida cando somos pequenos, e logo, manténdoa independente. E algo básico dentro desa independencia, para poder mantela, é o manter unha parte do mundo como propia, nosa, … Continue reading O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)

Hai tempo que está moi claro que para o estudante representa unha ventaxa o ser guiado. Por iso, a razón de ser do profesorado. E, máis aínda dende que o ensino non é individual, que esa guía debe ser subministrada nun soporte que a poda facer extensible ó grupo ó que vai dirixida e para todo momento ó longo da extensión da aprendizaxe. Por suposto, a guía debe comezar antes do estudo propiamente dito (como o fai a aprendizaxe) e non rematar ata a certificación do realizado (oficial, oficiosa ou indicativa). É dicir, debe estar integrada no estudo, pero a … Continue reading Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)