Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Traducido do artigo http://blog.pompilos.org/archivo/uso-de-materiales-con-derechos-de-autor-en-educacion , de José M. Ciordia (@José M. Ciordia 2011) Non se trasladan os comentarios. No seu traballo o profesor usa a miúdo materiais suxeitos a dereitos de autor (en inglés, con copyright), pero adoita descoñecer a lexislación respecto diso. Revisarei a continuación os aspectos máis importantes do tema. Para profundar, pódese consultar en internet a Lei de propiedade intelectual (LPI) vixente en España (cada país terá a súa lexislación propia). Dúas falsedades moi extendidas sobre os dereitos de autor 1. Só teñen dereitos de autor aquelas obras rexistradas no Rexistro da Propiedade Intelectual, ou aquelas nas … Continue reading Uso de materiais con dereitos de autor na educación

Manifesto do dominio público

Que ten que ver ‘educar’ co dominio público? É possible queue ó ver esta entrada neste blog alguén pense an pregunta anterior. A cousa (e a causa) estriba en queue a educación debe ser libre, e sen ter un ‘dominio público’ o que queda é privado, co que non se pode ter unha auténtica educación. Poderiamos falar máis diso, pero a entrada non vai por aí, senón para achegarse a unha base da educación. O manifesto está accesible en castelán, e pódese asinar en https://publicdomainmanifesto.org/manifesto/#es “Le livre, comme livre, appartient à l’auteur, mais comme pensée, il appartient—le mot n’est pas … Continue reading Manifesto do dominio público

20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia

Polo interese que ten a Wikipedia e a constelación arredor de Wikimedia na historia da educación, deixo traducido o artigo sobre a propia historia de Wikipedia que apareceu no blogue de Wikimedia España (Lic. Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-SA 4.0)): 20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia13/01/2021 por Santiago Navarro Sanz A enciclopedia libre nacía tan só 15 días despois de entrar no século XXI: unha nova enciclopedia para un novo século. Nin os mesmos creadores de Wikipedia podían intuír en que se ía a converter aquel experimento de web colaborativa. Milleiros de millóns de horas foron investidas … Continue reading 20 anos de coñecemento compartido grazas a Wikipedia

Estamos perdidos! Kiko está afundido!

Onte, na prensa, un anuncio dos semanais asociados ó xornal incluía unha portada coas novas / cos artigos -entendo- máis salientables das revistas anunciadas. Collo algún dos titulares: Kiko, hundido. Su madre y su hermana le dan la espalda Bisbal y Rosanna ya están en casa con su bebé Vuelven los Reyes Magos Sei que a revista anunciada non é de temática educativa, nin pretende educar. Por outra parte, presumo que hai moita xente que a le, pois ten moitos anos ó lombo e, se non é omnipresente, si ten unha presenza importante nos quioscos. Mais o anterior non quita … Continue reading Estamos perdidos! Kiko está afundido!

O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Estamos no mundo. Vivimos, e iso significa que interactuamos. Pero queremos seguir sendo nós, e non marionetas do resto do mundo, e menos aínda, marionetas dunha parte minúscula do resto do mundo. A iso é ó que chamamos liberdade, e a consideramos unha parte fundamental do noso ser. A liberdade non se obtén así, sen máis nin máis, nin dunha vez para todas. Hai que traballala e ila logrando, logrando independizar a nosa vida cando somos pequenos, e logo, manténdoa independente. E algo básico dentro desa independencia, para poder mantela, é o manter unha parte do mundo como propia, nosa, … Continue reading O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.