Manifesto do dominio público

Que ten que ver ‘educar’ co dominio público? É possible queue ó ver esta entrada neste blog alguén pense an pregunta anterior. A cousa (e a causa) estriba en queue a educación debe ser libre, e sen ter un ‘dominio público’ o que queda é privado, co que non se pode ter unha auténtica educación. Poderiamos falar máis diso, pero a entrada non vai por aí, senón para achegarse a unha base da educación. O manifesto está accesible en castelán, e pódese asinar en https://publicdomainmanifesto.org/manifesto/#es “Le livre, comme livre, appartient à l’auteur, mais comme pensée, il appartient—le mot n’est pas … Continue reading Manifesto do dominio público

O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Estamos no mundo. Vivimos, e iso significa que interactuamos. Pero queremos seguir sendo nós, e non marionetas do resto do mundo, e menos aínda, marionetas dunha parte minúscula do resto do mundo. A iso é ó que chamamos liberdade, e a consideramos unha parte fundamental do noso ser. A liberdade non se obtén así, sen máis nin máis, nin dunha vez para todas. Hai que traballala e ila logrando, logrando independizar a nosa vida cando somos pequenos, e logo, manténdoa independente. E algo básico dentro desa independencia, para poder mantela, é o manter unha parte do mundo como propia, nosa, … Continue reading O noso mundo. Si, o persoal de cadaquén.

Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)

Hai tempo que está moi claro que para o estudante representa unha ventaxa o ser guiado. Por iso, a razón de ser do profesorado. E, máis aínda dende que o ensino non é individual, que esa guía debe ser subministrada nun soporte que a poda facer extensible ó grupo ó que vai dirixida e para todo momento ó longo da extensión da aprendizaxe. Por suposto, a guía debe comezar antes do estudo propiamente dito (como o fai a aprendizaxe) e non rematar ata a certificación do realizado (oficial, oficiosa ou indicativa). É dicir, debe estar integrada no estudo, pero a … Continue reading Sobre as guías didácticas (ou docentes, ou de estudo…)

Sobre un título: “Inconveniencias sociais, e para a saúde, do ocio incontrolado”

A Educación (para que se entenda ben, moito mellor que ‘educación’!) é complexa non só por tratar con individuos diferentes e ser tentada de imbuír por individuos tamén moi diferentes os uns dos outros, senón porque pode abranguer -de feito, … Continue reading Sobre un título: “Inconveniencias sociais, e para a saúde, do ocio incontrolado”

Unha opción no coronavirus: construír Wikipedia

O título recolle uha posibilidade de posibilidades, pois o que se coñece como Wikipedia abrangue un conxunto de sitios que non son específicmente Wikipedia, senón lugares interelacionados. Pero iso agora non importa. Queres colaborar? Aquí tes un xeito de comezar:   Usuario:Elisardojm/EuTraduzoNaCasa Na Galipedia, a Wikipedia en galego. < Usuario:Elisardojm Saltar ata a navegación Saltar á procura EuTraduzoNaCasa Unha nova actividade que podemos facer neste tempo de confinamento é traducir artigos de calidade doutras Wikipedias. A Galipedia ten unha ferramenta que fai que esta tarefa sexa moi doada, ten integrado un tradutor automático e ti o único que tes que … Continue reading Unha opción no coronavirus: construír Wikipedia