Ben, este blogue naceu como traballo dentro dun curso, pois xa teño outros blogue abertos sobre varios temas. Este iría sobre educación. E sobre educación vai un novo curso, sobre “Aprendizaxe baseado en proxectos”. Irei alimentando o blogue con cousas relacionadas, pero nunha primeira entrada, pídenme que faga públicos e detalles, 2 actividades e 1 desexo, así como tres imaxes representativas de esperanzas. Quédame a pregunta de se son cousas a poñer nun blogue sobre educación: cousas miñas. Pero é que o blogue é un xeito de expresión miña con temática educativa. Por iso, a pesares de non estar plenamente convencido, tentarei de facer algo educativo co que me piden.
Tres detalles que me gustaría que soubesen os meus compañeiros de min? A ver, o blogue non é privado, senón público. Iso significa que non é destinado a uns ‘compañeiros de curso’, por moito que sexa un mooc, e polo tanto, o termo compañeiro se poda estender moito. Tendo iso en conta:
‘un máis, un menos, pero un’ foi unha sentenza que me saquei da manga como lema na sinatura de correo, pero que fun aprezando máis e máis a partir do seu senso orixe, alguén con quen se pode contar, aínda que ás veces non se note moito.
‘Sorrí para facer felices ós demais’, en castelán, ‘sonríe para hacer felices a los demás’, foi un lema dun programa de corte relixioso dos anos de tele en branco e negro que tentei e sigo a tentar facer meu día a día.
O terceiro non é unha cita, senón unha idea: a de renovación continua. E máis aínda cando un se vai facendo máis vello…
En canto ás actividades favoritas, que o sexan non quere dicir que lles adique moito máis tempo que a outras que non o sexan tanto. E o camiñar (en particular polo monte) e ler serían as dúas escollidas, sempre menos practicadas que o desexado.
En canto a un desexo que me gustaría ver cumprido, téñoo claro: tempo. Pero por ser un desexo incuantificado e ser a posibilidade de tempo ilimitada, será por sempre un desexo imposible, ó que procurarei irme achegando aproveitando o tempo.
En canto ás esperanzas e inquedanzas, quédame a cousa pouco clara sobre o que se pretende, se é no mooc ou é no meu tempo de vida, entre as posibilidades que se me ocorren. Na indefinición, en troques de preguntar, decido liderar a miña propia dúbida para trocala en resposta.
Iso si, non vou dar unha explicación. A interpretación das tres imaxes corre a conta do intérprete, non do deseñador.