Que é importante en educación? En ensino? En formación?
Cabe determinar que é cada unha desas cousas, a que vai dirixida (non ‘obxectivos’, senón ‘razón de ser’), a ver semellanzas e diferenzas entre ditas ‘cousas’, para escoller as liñas de actuación. Son complementarias? A que debemos atender?
Se nos fiamos da nomenclatura actual en España, deberiamos ter a educación como eixe, e, de aí, dependentes, ensino (/aprendizaxe) e formación.
Pero… a perversión da lingua, do significado das verbas variado de xeito interesado (ás veces, mesmo inconsciente, pero non casual) fai que dicir hoxe “educación” poda ser entendido de xeito diferente por xente diferente, e o desenvolvemento dunha lei educativa ter pouco que ver con educación, segundo a idea clásica, que xa non corresponde tanto co como se ve difinida nun dicionario clásico como é en España o DRAE (educar)ou o da RAG (educar).
Seguiremos ‘investigando’ mentres tenta poñerse en marcha a nova lexislación sobre o desenvolvemento da educación. LOMCE, chámanlle. Sabes que significa? Lei de ordenamento en materia do currículo educativo podería ser unha tradución á lingua que falamos. Pero non, a abreviatura corresponde a ‘Lei orgánica para a mellora da calidade educativa’. O caso é que en ningures se ve a que chama calidade educativa. Nin tampouco define por separado calidade nin educación. Por outra beira, unha ‘lei para’, é dicir, unha lei finalista, tampouco casa con ‘orgánica’ no seu título.
E, polo de agora, non pasei do título!