O título é o mesmo que o dunha folla no último exemplar de ‘La Voz de la Escuela’ (unha volta traducido, claro) e ven a conto precisamente do que significa o título. Outro día podemos falar sobre o contido que ía na folla baixo ese epígrafe.
Que podo facer? Diría as cousas máis ben empregando ‘debo’ en troques de ‘podo’. Entón, para min, a resposta está clara: se o fin é aprobar, non debo facer nada, pois o aprobar non é -para min, repito- o fin da escola. É máis, considero contraproducente que nun suplemento con fins educativos se poña un título tal, mesmo aínda que se empregue ‘facer’ e non o alternativo ‘deber’.
Ben, volvendo ó titulo, podemos facer moitas cousas, pero, sen meterme no propio contido do artigo, repito, se os pais se poñen a facelas no momento no que o fillo, xa na escola, puidera suspender, entón como moito estarán aplicando vitaminas a unha persoa que non ten unha alimentación e unha vida sá… Enténdese a semellanza?